Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Confirmada a presenza en Acampa Coruña 2021 da activista congoleña Julienne Lusenge, premiada coa Lexión de Honra francesa pola súa defensa dos Dereitos Humanos

A guerra cruenta do Congo, orixinada na avaricia de moitos países e multinacionais respecto a a súa riqueza en mineráis e terras raras, imprescindibles para o funcionamento da tecnoloxía máis punteira do “Primeiro” mundo, converteu a violencia sexual contra as mulleres e os nenos en arma de guerra. Os masacres de familias e pobos enteiros sucédense. Os nenos, polo seu pequeno tamaño, son escravizados para traballar nas angostas minas…Contra iso levántase a voz de  Lusenge, directora do Fondo de Mulleres Congoleñas. Un  testemuño que sen dúbida algunha non deixará impasible a quen a escoite.  

Confirmada a presenza en Acampa Coruña 2021 da activista congoleña Julienne Lusenge, premiada coa Lexión de Honra francesa pola súa defensa dos Dereitos Humanos
Julienne Lusenge
Julienne Lusenge

A Coruña, 26 de maio de 2021.- Primeira confirmación e o listón moi alto.  AcampaCoruña 2021 - 9,10 e 11 de setembro e centrado na rapina de recursos e os seus dramáticos efectos sobre o desprazamento forzado de millóns de persoas- contará coa presenza da activista congoleña de Dereitos Humanos  Julienne  Lusenge, directora do Fondo de Mulleres Congoleñas e cofundadora e presidenta de Solidariedade Feminina para a Paz e o Desenvolvemento Integrado. O seu traballo en defensa das mulleres vítimas de violencia sexual en tempos de guerra foi compensado co Premio Internacional de Dereitos da Muller 2018 -outorgado por 25 organizacións de Dereitos Humanos no Cume de Xenebra para os Dereitos Humanos e a Democracia- e polo Premio Ginetta Sagán 2016 que outorga Amnistía Internacional. Así mesmo, recibiu o Premio de Dereitos Humanos da Embaixada de Francia e foi nomeada Caballero da Lexión de Honra polo Goberno francés.  

O seu labor como xornalista no leste do seu país cando estoupou a guerra civil, en 1998, permitiulle  asomarse á barbarie. A súa emisora dedicábase a informar sobre saúde e dereitos humanos nas aldeas máis remotas e foi entrevistando a mulleres cando comezou a coñecer as cada vez máis frecuentes e sistemáticas agresións sexuais que estas sufrían. Diante da desmesura dese horror ela e outros 22 activistas comezaron a chamar a atención das organizacións internacionais que traballaban no país, incluída a ONU. En paralelo, Lusenge apoiaba ás vítimas nas súas denuncias fronte a xustiza co obxectivo de poder sentar aos seus agresores no banquiño dos tribunais.  En 2007 fundou o FFC, Fondo para as Mulleres Congoleñas, co fin de obter fondos e achegar a doantes internacionais ás iniciativas locais desas mulleres. A súa actividade e o seu compromiso multiplícanse. É socia, para o seu país, dun novo proxecto con Media  Matters  for  Women, unha organización sen fins de lucro cuxo obxectivo principal é pechar a fenda dixital para mulleres e nenas illadas en comunidades pobres e remotas de África que carecen de acceso a información sobre os seus dereitos e están en risco pola violencia de xénero e a profundización da pobreza. Tamén é membro do comité asesor da Campaña internacional para deter a violación e a violencia de xénero en zonas de conflito e ocupa a vicepresidencia da liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Liberdade (WILPF). 

Recreación campo saharaui. Colectivo Noz. Rede Acampa

De Tinduf ao corazón da Coruña, un campamento saharauí nos Xardíns 

Os días 9, 10 e 11 de setembro o centro da cidade da Coruña volverá ser un espazo de denuncia da situación das persoas refuxiadas e migrantes e as causas que as empuxan a fuxir dos seus fogares e países. Haberá exposicións fotográficas, presenza de activistas de recoñecido prestixio e fotoxornalistas e todo tipo de actividades paralelas para visibilizar o tema da edición, o espolio de recursos. Como cada ano, todo virará ao redor dun escenario simbólico, instalado nos céntricos Xardíns de Méndez Núñez, que nesta ocasión reproducirá un campo de refuxiados saharauís, unha recreación deseñada polo Colectivo Noz para a Rede Acampa para achegarnos á realidade na que sobreviven milleiros de persoas fai xa case cinco décadas, expulsados por Marrocos e abandonados pola comunidade internacional.    

Confirmada a presenza en Acampa Coruña 2021 da activista congoleña Julienne Lusenge, premiada coa Lexión de Honra francesa pola súa defensa dos Dereitos Humanos