Barcelona, Madrid, Valencia e Zaragoza comparten a iniciativa

A Coruña e outras catro cidades piden acoller refuxiados

As alcaldesas e alcaldes dos cinco concellos enviaron unha carta a Rajoy en decembro na que reclaman competencias para xestionar o acollemento de refuxiados.

A Coruña e outras catro cidades piden acoller refuxiados

En decembro pasado, despois dun cumio europeo celebrado no Vaticano baixo o nome Os refuxiados son os nosos irmáns e irmás, as alcaldesas e alcaldes de Barcelona, Madrid, Coruña, Valencia e Zaragoza decidiron enviar unha carta ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para que as entidades locais puideran xestionar o acollemento de refuxiados e que se cumpriran as cotas do Estado español. O Goberno municipal insistiu hoxe nesta reclamación.  “Atopámonos nunha situación de completa impotencia, xa que nós non podemos ir máis alá dado que as competencias para xestionar o acollemento dependen do Goberno central, que non está a facer os seus deberes", explica Rocío Fraga, a concelleira de Igualdade, nunha nota remitida desde o Concello.

Máis información: https://www.coruna.es/portal/gl/servizos/tramites-e-xestions/cidade-refuxio


 

A Coruña e outras catro cidades piden acoller refuxiados