Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Marcos Sorrentino: compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade

A conferencia de Sorrentino, titulada “Brasil, compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade”, terá lugar hoxe, martes 26, ás 19,30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras,12)

Coordinada por Acampa pola paz e o dereito a refuxio, a intervención na Casares Quiroga do profesor da Universidade de Sao Paulo e coordinador do Laboratorio de Educación e Política Ambiental (OCA), abordará polo miúdo a situación dos dereitos á paz e a refuxio no Brasil, dende as causas da vulnerabilidade que acusan poboacións enteiras –“refuxiados no seu propio país”, nas palabras do conferenciante- ata unha proposta concreta para afrontalas: “por unha nova cultura da Terra, da terra e do territorio” 

Marcos Sorrentino: compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade
Anuncio Sorrentino
Anuncio Sorrentino

A Coruña, 26 de marzo de 2019.- Acampa pola paz e o dereito a refuxio coordina a conferencia que o impulsor deste movemento en Brasil, Marcos Sorrentino, profesor universitario e un dos responsables do prestixioso Laboratorio de Educación e Política Ambiental (OCA) de Sao Paulo, imparte mañá martes, día 26, ás 19,30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. Marcos Sorrentino é un vello coñecido dos coruñeses e as coruñesas grazas á súa participación como poñente convidado da segunda edición de Acampa (A Coruña, 2018), que tivo o cambio climático como eixe e fío condutor.

Titulada “Brasil, compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade”, a charla de Sorrentino centrarase no análise da situación dos dereitos á paz e a refuxio no Brasil, con especial atención á situación de indefensión e ausencia de dereitos humanos que acusan sectores enteiros da poboación, aos que o coordinador de Acampa Brasil non dubida en denominar “refuxiados no seu propio país”. O profesor expoñerá asemade a súa visión sobre cales son as causas desa vulnerabilidade antes de pasar a ofrecer algunhas claves para ver de poñerlle fin, coa esperanza de acadar unha “nova cultura da Terra, da terra e do territorio”.

Marcos Sorrentino: compromiso coas poboacións en situación de vulnerabilidade