Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Rede Acampa e a Universidade da Coruña traballarán xuntas en facer un mapeo dos discursos de odio

Acampa formará parte do curriculo desta iniciativa cuxas responsables son as profesoras Laura Cruz e María Barba.
Rede Acampa e a Universidade da Coruña traballarán xuntas en facer un mapeo dos discursos de odio
Presentación Acampa Udc Mapeo odio
Presentación Acampa Udc Mapeo odio

Está previsto dar a coñecer os resultados desta cartografía  antes do propio VII Encontro Internacional Acampa pola Paz “Odio ou convivencia” . Este celebrarase coma os anteriores nos Xardíns de Méndez Núñez convertendo un ano máis a Coruña nunha cidade refuxio dos Dereitos Humanos.

A Coruña, 29 de setembro 2022.- Rede Acampa e a Universidade da Coruña da man. Colaborando en cartografar os discursos de odio e o seu impacto. Esa é a iniciativa que comeza hoxe a rodar, coa presentación do Movemento Acampa aos máis de sesenta alumnos e alumnas da UdC  -do terceiro curso do Grao de Educación Social, no marco das materias “Acción Socioeducativa coas Minorías e Colectivos Vulnerables” e “Recursos e estratexias de Intervención no tempo libre”- que participarán no mapeo do odio. Este traballo estará dirixido pola profesora Laura Cruz, da Facultade de Ciencias da Educación en el colaborará tamén a docente María Barba. O Encontro Internacional Acampa pola Paz 2023, que alcanzará nesa data a súa sétima edición, estará centrado nun binomio ben actual: “Odio ou convivencia”. Parece pois oportuno coñecer a realidade dos discursos do odio e cartografar o seu impacto nos corpos de futuras e futuros profesionais da educación social e de personas en situación de vulnerabilidade.

Cartografía Odio Acampa y Udc
Cartografía Odio Acampa y Udc

No encontro de hoxe cos estudantes, Natalia Monje, unha das responsables da ong Ecos do Sur, integrada na Rede Acampa, faloulles da construción do discurso de odio e como combatelo. Os resultados deste traballo daranse a coñecer nun Encontro Acampa na Universidade coruñesa, que terá lugar, previsiblemente, un mes antes do inicio do VII Encontro Internacional Acampa pola Paz propiamente dito, e que volverá, un ano máis, aos Xardíns de Méndez Núñez.

É oportuno lembrar que o tema que centrará este encontro foi elixido polas distintas organizacións que integran Rede Acampa, máis de 80 neste momento, reunidas ao termo do VI Encontro celebrado o pasado xuño.  Non houbo moitas dúbidas. “Odio ou Convivencia” gañou por goleada. Non en balde, explicaron naquel momento os responsables da Rede Acampa, “o crecemento do odio a nivel global, a diminución da tolerancia social ao diferente, nun momento en que os tránsitos migratorios multiplicaranse e millóns de persoas camiñarán a procura de refuxio, debería estar na primeira liña das preocupacións de sociedades, gobernos e estados”. “Vemos como os Estados Fortaleza atrincheiranse detrás dunhas fronteiras cada vez máis infranqueables alimentando o odio e multiplicando o rexeitamento aos que chegan ás súas costas ou tentan atravesar os seus países; volvemos invisibles aos máis vulnerables, os despersonalizamos. Permitimos que a ultradereita, coas súas mensaxes xenófobas, teña voz e estenda a súa mancha. Permanecemos impasibles ao crecemento do odio”, explicou Xosé Abad, coordinador de Rede Acampa. “Por iso é máis que oportuno reflexionar sobre esta dicotomía, ter claro de que lado hai que estar e estalo dunha forma militante”, concluíu.

Rede Acampa e a Universidade da Coruña traballarán xuntas en facer un mapeo dos discursos de odio