Do luns 10 ao venres 14 de decembro no Casino 1889

Semana sen fronteiras en Carballo

A “Semana sen Fronteiras” ten como obxectivo principal dar a coñecer a realidade de millares de persoas que teñen que abandonar os seus fogares fuxindo de conflitos bélicos, da fame ou de situacións de vulneración dos dereitos humanos.

Semana sen fronteiras en Carballo
CARA B (1)
Programa da Semana sen fronteiras en Carballo

Dado que normalmente o descoñecemento das cousas está na orixe do seu rexeitamento, cremos que é pola información, mellor cando é por boca dos protagonistas, por onde se debe comezar no difícil camiño da mobilización das conciencias.

O Casino1889 naceu, hai menos dun ano, con vocación de portas abertas a todas as persoas e, por iso, queremos ofrecer o noso espazo e o noso esforzo a esta iniciativa solidaria, sen dúbida ambiciosa, que xorde, precisamente, no noso propio seo, mais en colaboración cos centros educativos da vila e coas distintas institucións municipais.

PROGRAMA DAS XORNADAS

10 de decembro: AS PERSOAS e OS DD.HH.

  • - DÍA INTERNACIONAL DOS DD.HH.: Amnistía Internacional
  • - Programa radiofónico sobre migrantes en CUAC FM “Simplemente gente”
  • - Proxección de “Katsikas, ecos de un éxodo” e acompáñanos na reflexión o director Rodrigo Vázquez “Harry”
  • - Unha historia real: cruzando países e fronteiras.
  • - Mesa faladoiro

11 de decembro: FRONTERAS: SÁHARA - SIRIA – BALCÁNS - LÍBANO

  • ONG “Aire” – Sáhara e Grecia
  • ONG “Acción Norte” Balcáns e Grecia
  • ONG “Pallasos en Rebeldía” ó arredor do mundo
  • ONG “Sos Racismo” externalización das fronteiras
  • Vídeos e experiencias
  • Mesa faladoiro

12 de decembro: ESPAÑA

  • - “RefuCoruña”: A acollida
  • - “Acampa”: A rede
  • - “Ecos do Sur”: Odio na rede
  • - “Entreculturas”: Traballar en varios continentes
  • - Mesa faladoiro

13 de decembro: ARTE COMPROMETIDA

  • - Presentación do libro “Stop” de Elerre co escritor e editora
  • - Ilustracións en directo con Bruno e Laura Tova
  • - Premio escolar – canción denuncia en apoio ás persoas refuxiadas
  • - De libros e obras
  • - Mesa faladoiro

14 de decembro: OS ROHINGYAS: APÁTRIDAS: O MAIOR CAMPO DE PERSOAS REFUXIADAS DO MUNDO

  • Entrega de premios do concurso de micro-relatos “Contos sen fronteiras”
  • Médicos sin fronteras
  • Mesa faladoiro

 

Comentarios
Semana sen fronteiras en Carballo