Música

Acéfala acolle o concerto de AGGRESIVE GIRLS e DJ KO.TEKNIKO

O sábado 18 dende as 20:30h o Colectivo Acéfala acollerá o concerto De dous proxectos musicais de mulleres con moito de contar: AGGRESIVE GIRLS e DJ  KO.TEKNIKO.
Acéfala acolle o concerto de AGGRESIVE GIRLS e DJ KO.TEKNIKO
Agressive Girls
Agressive Girls

Agressive Girls, Dakoi e Diana XL, o pacto de sangue entre pacto entre ritmos sucios e ruidosos e voces crúas e sentimentais. Berran sobre as súas frustracións co mundo e con quen as enfrenta, o namoramento entre a vida e a morte que as deixa famentas de vida. Focalizan as emocións vividas ao 200% no presente, nunha sonoridade de raiba queer lésbica, sem barreiras, sen medos e sen espazo para o termo medio.

Ko.tekniko é unha dj emerXente da escea galega, rodeada dun aura de misticismo e oscuridade.  As suas sesions son pura improvisación partindo sempre de ritmos altos (150bpm), o industrial e hardtechno son os seus sonidos abanderados, para acompañar a súa estetica kinky nunha viaxe difícil de olvidar.

 

Acéfala acolle o concerto de AGGRESIVE GIRLS e DJ KO.TEKNIKO