Música
Eris MacKenzie estrea Meu Ceu, primeiro single do seu disco debut
Eris Mackenzie proponnos un achegamento diferente ós sons da cultura musical galega. Onde se concentran as percusións as melodías tradicionais e os alalás, cos ritmos escuros e machacóns do techno. Para isto ven acompañado do grupo galego De Ninghures. que pon a guinda musical cos arreglos de voces, violín, acordeón, gaita e clarinete.
“Con Meu Ceu séntanse as bases do sonido e a atmósfera que vai traer este primeiro álbume”, declara o artista. “O contraste da calidez da nosa música de toda frialdade e cuadratura da industrial” vida, coa electrónica”.
Este mesmo contraste pódese atopar no videoclip, dirixido por Miguel Santomé e Mundo X, e Lara Caeiro na direción de arte, que nos leva a sumerxirnos nunha rave propia das aforas de Berlín, no que os estilismos imposibles. a atmósfera underground e un acabado cinematográfico moi particular, marcan o comezo desta nova etapa do artista.