Habitación Propia Formato Vermú

Habitación Propia Formato Vermú  celebra o comezo do outono coás creacións de sete mulleres e a estrea de  cancións novas do Coro Coruña Cores

Domingo 1 de outubro ás 12:00h en  Espacio Teu na Rúa do Orzán 96 A Coruña.
Habitación Propia Formato Vermú  celebra o comezo do outono coás creacións de sete mulleres e a estrea de  cancións novas do Coro Coruña Cores
PHOTO-2023-09-28-13-00-58
Habitación Propia

 “Habitación Propia”, un espazo diverso cun escenario que despregará dende propostas de moda a creacións fotográficas, poesía, arte, deseño gráfico e  música, todo iso coordinado  por @beawhereverphotography que se encargará da posta en escena dos traballos profesionais e as creacións artísticas das sete mulleres seleccionadas. 

A partir das 12:00h  Les Coruña calebrará a exposición dos traballos artísticos e profesionais de sete mulleres, ademáis da estrea do tema “Ay Mamá” de Rigoberta Bandini, interpretada polo Coro Coruña Cores.


As participantes de esta 7ª edición:


💜 Sol Mariño @
Obradoiro de imaxe e poesía. A fotografía analóxica e a serigrafía son as ferramentas que usa para vincular a súa arte coa natureza e a vida rural.

💜  Haxän Design @
Deseñadora gráfica e produtora audiovisual. Creo a marca para poder lidar coa súa síndrome do impostor e seguir crecendo a nivel creativo.

💜 Stay Care @
Coidado natural. Emprendemento onde  se fabrican xabóns artesanais con aceites esenciais e aditivos naturais .

💜 Nuba @
Detrás de Nuba está Noemí Grandío, que conta con un amplio traballo plástico de marcado estilo näíf. Nesta edición mostrará o seu último traballo; unha serie de paisaxes abstractas feitss en acrílico e rotulador sobre lenzo e papel.

💜 María Viqueira @
Creacións de prendas moi elaboradas, bordadas a man, inspiradas principalmente en Galicia.

💜 Granada Limonera @
O colectivo Granada Limonera formado por Andrea e Ailín, ambas educadoras sociais,  dedicadas á  creación de propostas onde a acción social e a experimentación artística van unidas da man.

💜 Isa Bermúdez @
A través de distintas técnicas como o dibuxo, a pintura e  incluso o bordado, fala de sentimentos internos e identitarios.

💜 Coro Coruña Cores @
O Coro Coruña Cores formouse da man da asociación Les Coruña que xunto con seus participantes e o Director Pablo Méndez crean un coro a favor da diversidade. Ensaian tódolos mércoles na librería Fiandón.
O repertorio que ofrecen consiste en arranxos de música moderna e actual.

Habitación Propia Formato Vermú  celebra o comezo do outono coás creacións de sete mulleres e a estrea de  cancións novas do Coro Coruña Cores