Agra do Orzán

A Asociación Veciñal da Agra denuncia o servizo de correos deficiente no barrio da Agra do Orzán

A AV da Agra denuncia os retrasos no reparto do correo e reclama á Empresa Pública que dote co persoal necesario a Unidade 3 encargada do reparto na Agra do Orzán.
A Asociación Veciñal da Agra denuncia o servizo de correos deficiente no barrio da Agra do Orzán
Parque da Agra xa!  Rolda de prensa de presentación da nova xunta directiva da Asociación Veciñal AGRA
Parque da Agra xa! Rolda de prensa de presentación da nova xunta directiva da Asociación Veciñal AGRA

A Coruña, 3 de setembro 2019.-  A Asociación Veciñal da Agra denuncia o deterioro no servizo de correos, que nos últimos meses levou a que existan atrasos importantes no reparto, por non ter o persoal suficiente a Unidade 3, que se encarga do reparto na Agra do Orzán, Ventorrillo, Os Rosais e Visma.

Así mesmo, desde a AV da Agra seguimos demandando que Correos abra para atención ao público a Oficina da rúa Entrepenas e así poder rebaixar a saturación que sofre a oficina da rúa Rodrigo A. de Santiago, 38, que actualmente da servizo a toda a Agra do Orzán e o Ventorrillo.

"A oficina do Ventorrillo está saturadísima, pois Correos nos últimos anos asumiu novos servizos moi demandados polas veciñas e veciños do barrio, polo que vemos necesario a reapertura da oficina da rúa Entrepenas para que poidamos ter un servizo digno", di a presidenta da entidade veciñal, María Gutiérrez.

Por esta razón reclamamos que o Concello da Coruña tome cartas no asunto e presione a dirección de Correos de que mellore o servizo nesta zona tan densamente poboada da cidade.

A Asociación Veciñal da Agra denuncia o servizo de correos deficiente no barrio da Agra do Orzán