"Contemplará a ampliación da zona de xogos”

O Concello abordará a mellora e humanización da Praza das Conchiñas

Cun orzamento de 300.000 euros, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, salientou que a intervención tamén inclúe a construción dunha pérgola de madeira, para dotar ao espazo dunha zona de sombra

O Concello abordará a mellora e humanización da Praza das Conchiñas
O edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela
O edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela

O Concello da Coruña abordará, a través do departamento de Rexeneración Urbana, a mellora e humanización da praza das Conchiñas, actuación moi demandada pola cidadanía da zona. O titular desta área de goberno, Xiao Varela, avanzou esta mañá as liñas xerais do proxecto da actuación (xa redactado e que, de forma inminente, dará pé á licitación da obra) á Asociación Veciñal da Agra e de Entrerrondas. Segundo comentou o responsable municipal, esta intervención, --cun orzamento previsto de preto de 297.298 euros e un período de execución previsto de catro meses-- non só dotará a este espazo público de maior seguridade e accesibilidade senón que, ademais, posibilitará a ampliación da zona de xogos infantís. "É importante mellorar o espazo destinados aos e ás máis pequenas, tendo en conta o propio espazo da praza queda xa pequeno para unha zona tan densamente poboada coma esta", apuntou o edil.

Así, e segundo comentou aos e as representantes veciñais da zona, o proxecto pasa por ampliar o espazo infantil desprazando a zona de xogos cara a parte superior da praza. "Mantendo a división de niveis existentes na praza, que, non obstante, se verá suavizada cunha suave ladeira que será soporte dun tobogán, a intención é reservar o espazo inferior para os e as nenas de menor idade, deixando a parte superior para as máis grandes", comentou Varela, que apuntou que a reforma tamén suporá a implantación de novas infraestruturas de xogo. "Ampliarase a oferta con equipamentos de entidade como, por exemplo, unha pirámide que ronda os 50.000 euros", salientou. "A ampliación desta zona segue a filosofía posta en marcha este mandato polo goberno local para cos espazos públicos destinados aos e ás menores, que trata de diferenciar, nunha mesma zona, equipamentos destinados a distintos tramos de idade", subliñou, á vez que fixo fincapé en que se reforzará a seguridade e accesibilidade da zona coa colocación de varandas e pasamáns e a eliminación das bancadas existentes, debido a perigosidade das súas arestas,

Esta obra acompañarase coa construción dunha zona de sombra que poida ser utilizada tanto polas crianzas como para as nais e pais que os acompañan. "En concreto, o proxecto contempla a colocación dunha pérgola de madeira pola que, ademais, subirán plantas trepadoras que proceden dunha das xardineiras existentes na praza", comentou Varela, que tamén manifestou que a reordenación da praza tamén afectará á zona de biosaudables, que será reubicada.

O concelleiro de Rexeneración amosou a súa satisfacción polo feito de que as entidades veciñais coas que se entrevistou esta mañá acollesen de forma positiva esta obra, que conta xa cun orzamento reservado nos orzamentos municipais. "No marco das conversas con representantes da cidadanía da zona tamén nos comprometemos a estudar unha proposta formulada pola Asociación veciñal da Agra e que pasa por retirar algunha das xardineiras da praza, co obxectivo de liberar máis espazo público", dixo.

O Concello abordará a mellora e humanización da Praza das Conchiñas