COMERCIO DE BARRIO

A Guerrilla dos Mallos convoca o concurso Carta de amor ó comercio local

Guerrilla dos Mallos convoca a 1ª edición do concurso “CARTAS DE AMOR Ó COMERCIO LOCAL”, dotado con varios premios de VALES PARA LIBROS para canxear na librería Couceiro para as cartas que o xurado considere gañadoras.
A Guerrilla dos Mallos convoca o concurso Carta de amor ó comercio local
cartel cartas de amor
cartel cartas de amor

Bases do concurso

  • A data máxima de presentación é o día 10 de febreiro. A resolución do xurado terá lugar o día 14 de febreiro.
  • As cartas deberán entregarse en calquera das tendas que se unen ó concurso (o listado poderase consultar nos comercios partipantes e o facebook de Guerrilla dos Mallos)
  • Só se admitirá unha carta por participante.
  • Establécense dúas categorías:
  1. Participantes entre 6 e 11 anos (PRIMARIA)
  2. Participantes entre 12 e 16 anos (SECUNDARIA)
  • As cartas deberán estar redactadas nas plantillas que poden atoparse nas citadas tendas, non puidendo exceder as mesmas na súa duración.
  • Tódolos exemplares presentados deberán incluir os datos de contacto dos responsables legais dos nenos.
  • A temática das mesmas deberá ser a seguinte: Cartas de amor adicadas á algunha das tendas favoritas das convocantes ou ás tendas do barrio como concepto xeral.
  • A participación no concurso implica a cesión de imaxe atendendo ás seguintes premisas: Unha foto recollendo o premio que se usará simplemente para notificar en redes sociais á entrega do mesmo. Os proxenitores dos menores deberán asinar un consentimento para utilización da citada fotografía. Guerrilla dos Mallos comprométese a non usar as fotografías con outra finalidade.
  • Guerrilla dos Mallos resérvase o dereito sobre a publicación dos textos gañadores.
  • En caso de dúbida nas interpretacións destas bases prevalecerá a de Guerrilla dos Mallos.
  • A participación no concurso implica a aceptación da totalidade das anteriores bases.

Preme aquí para descargar a plantilla

Se tes entre 6 e 16 anos, entrega a túa carta antes do 10 de febreiro.en un destes comercios:                                                                                     

Borrón digital, Luces de bohemia, la tienda de Mari, Peluquería Nueva Imagen, La Revolución de los Graneles, Puerta de Sol, Alacena,Pinturas Multicolor, Mercería Emilia, Joyería Goméz  Miguel, Pizzeria Pepe, La tienda de Marta, Charcutería Pampin,Librería Couceiro, Frutería Isabel,  Cukiños zapateria, Gloria, Cafeteria Becerra, Libreria Couceiro 125.

E os premios serán o 14 de febreiro na Librería Couceiro.

Comentarios
A Guerrilla dos Mallos convoca o concurso Carta de amor ó comercio local