BNG | nota de prensa
Jorquera anuncia que o BNG condicionará calquera acordo orzamentario a que os compromisos da moción dos Mallos teñan tradución nas contas do Concello

“Efectivamente toda moción é sempre unha declaración de intencións, de vontade política e non ten forza executiva. Mais se non concibimos a política como un xogo de aparencias, está claro que se se aproba unha moción será porque existe vontade política para a levar a cabo e cumprila”, considerou Jorquera.
É certo que “as mocións non teñen consignación orzamentaria”, mais ese problema ten “fácil corrección”: abordar o asunto na próxima negociación entre os grupos sobre as contas do Concello para 2022.
Nese sentido, Jorquera anunciou que o BNG se compromete a “condicionar calquera acordo orzamentario a que todos os programas e liñas [contidos na moción dos Mallos] teña consignación orzamentaria”. “Se todos os grupos fixeran o propio, estaría garantido que haxa dotación nos orzamentos de 2022”, concluíu.