Saúde

Concentración no Obelisco pola Sanidade Pública

Parece que estamos saíndo da pandemia pero saímos peor do que chegamos. A sanidade pública galega sae da pandemia con perda de valor e máis débil, sobre todo polas listas de espera e as dificultades de acceso, máis na atención primaria.
Concentración no Obelisco pola Sanidade Pública
20211028 Cartaz 2_SOS
20211028 Cartaz 2_SOS

Necesitamos reforzar a sanidade pública, cambiar a tendencia, aumentar os recursos e o financiamento e introducir cambios na xestión, na política sanitaria.

Por iso facemos un chamamento á sociedade galega a participar na concentración no Obelisco hoxe xoves 28 de outubro e tamén na manifestación que se celebrará en Santiago o 14 de novembro, con saída da Alameda ás 12:00.

Comentarios
Concentración no Obelisco pola Sanidade Pública