sanidade pública | nota de prensa

SOS Sanidade Pública de A Coruña apoia as demandas da cidadanía de Vigo de contar cuns servizos hospitalarios totalmente públicos

A atención hospitalaria de Vigo está en mans de concesións privadas. A decisión e a responsabilidade é do PP e de Feijoo. A creación do Hospital Álvaro Cunqueiro con moitas menos camas das que tiña proxectadas inicialmente e a súa construción por concesión, mediante o sistema de Iniciativa de Financiamento Privado, foi unha decisión de Feijoo nada máis chegar ao goberno. Nese momento hipotecou a sanidade pública viguesa por máis de vinte anos.

SOS Sanidade Pública de A Coruña apoia as demandas da cidadanía de Vigo de contar cuns servizos hospitalarios totalmente públicos
Hospital Álvaro Cunqueiro2
Hospital Álvaro Cunqueiro2

O recorte de camas no novo Hospital Álvaro Cunqueiro encadeou aos vigueses a POVISA, dada a insuficiencia de camas do novo hospital.

A partir de aí veñen as chantaxes máis unha vez dos donos de POVISA e a cesión de máis e máis recursos por parte do Sergas, gastos que pagamos todos os galegos.

Finalmente, o último escarnio é a compra de POVISA por Centene, unha multinacional americana, dona de Ribera Salud. Ribera Salud posúe os hospitais de Torrevieja, Denia, e Elxe na Comunidade Valenciana e o de Torrejón, en Madrid, e ten por socio no de Torrejón a Concessia, que forma parte tamén do accionariado do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O comportamento de Centene coa sanidade pública é ben coñecido, temos o exemplo das múltiples presións ao goberno valenciano do PSOE para non perder a concesión do Hospital de Alzira en Valencia, concesión que finalmente perdeu.

Toda unha mestura de lucro e negocio a costa da atención sanitaria da poboación de Vigo e dos recursos de todos os galegos.

SOS Sanidade Pública A Coruña apoia a demanda e as mobilizacións da plataforma de Vigo a Feijoo para que impida esta venta privatizadora e incorpore a POVISA á sanidade pública.

SOS Sanidade Pública de A Coruña apoia as demandas da cidadanía de Vigo de contar cuns servizos hospitalarios totalmente públicos