saúde

La web de petición de citas del SERGAS esta deshabilitada en moitas zonas

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña (Mareas  Brancas) quere denunciar a situación na que se encontran moitas usuarias  ao no poder pedir cita na web do SERGAS que se encontra deshabilitada  dende fai uns días nalgunhas areas asistenciais.
La web de petición de citas del SERGAS esta deshabilitada en moitas zonas

O proceso privatizador de Feijóo levado a cabo coas súas políticas  neoliberais precariza e colapsa, cada día máis, a Sanidade Pública: as  usuarias que poden pedir cita a conseguen para dúas semanas ou mais, a  outras non se lles facilita a posibilidade de pedila. E nos comentan, que  tras chamar ó seu centro de saúde, os teléfonos comunican  constantemente. Isto loxicamente incrementa as listas de agarda  insoportables, o peche de servizos públicos esenciais, o maltrato das  mulleres do rural e a precariedade laboral das traballadoras. 

A Marea Branca anima a toda a cidadanía a rebelarse contra os que queren  roubarnos os servizos públicos e presenten queixa ante o SERGAS e a  Valedora do Pobo. Non podemos permitir que esnaquicen a nosa sanidade  pública. Se non facemos nada, mais tarde que cedo, teremos que pagar  para ter uns coidados axeitados. 

¡A Sanidade non se vende, a Sanidade deféndese!

Comentarios
La web de petición de citas del SERGAS esta deshabilitada en moitas zonas