BNG | nota de prensa

O BNG demanda que a Vía Ártabra sirva ao conxunto da comarca e non a Audasa e ao urbanismo especulador

Os nacionalistas anuncian mocións nos concellos e na Deputación, asi como inciativas nas cámaras galega e española e barallan iniciar accións reivindicativas se o PP non muda a súa postura.

O BNG demanda que a Vía Ártabra sirva ao conxunto da comarca e non a Audasa e ao urbanismo especulador

Nuha compararecencia pública nas inmediacións do enlace da Vía Ártabra coa Nacional VI, o portavoz comarcal do BNG na Coruña, Dani Carballada e a deputada autonómica Mercedes Queixas, deron voz á visión que no momento actual ten o nacionalismo sobre a maior infraestrutura viaria en construcción en toda a área metropolitana da Coruña.

Asi, o responsábel da organización frentista na zona, Dani Carballada asegurou que:

O BNG como alternativa de goberno ten a iniciativa, a valentía e a capacidade de enfrontar un modelo territorial baseado na especulación, na sumisión aos lobbys económicos urbanísticos, especuladores e privatizadores con políticas públicas útiles para un país diferente, máis eficiente, verde, ordenado e inclusivo.

O BNG é unha forza política e social madura e responsábel, que non acepta chantaxes e que non ten máis sumisións que a lealdade debida ao pobo galego. A Vía Ártabra é unha infraestrura vital, capital, fundamental para o futuro da Coruña e a súa comarca, unha cuestión, para nós, “de estado” que debera ser plantexada e debatida na esfera pública con participación e transparencia.

A opción que defende a Xunta para a Vía Ártabra rompe os consensos previos sobre o seu trazado e contraría de raíz a súa concepción orixinal, deixando de ser un víal vertebrador do conxunto da comarca e un vector de cohesión social e territorial, ordenador urbanística da área metropolitana para ser unicamente unha infraestrutura ao servizo dun urbanismo especulador praticado polo lobby inmobiliario do pacovazquismo que opera a día de hoxe no interior de Oleiros.

Nesta situación resulta vergoñenta a posición de Alternativa dos Veciños, unha forza teoricamente de esquerdas, que non dubida en aliarse co PP para defender, non nin sequer uns teóricos intereses privativos e particulares de Oleiros, se non os interese económicos dunha clase empresarial parasitaria do poder político e as institucións públicos que están a inzar de urbanizacións o interior da península das Mariñas.

Fronte ao ruido, a demagoxia e o insulto, o nacionalismo pon enriba da mesa propostas, argumentos e vontade de diálogo. Fronte a quen non deixa de acumular sentencias xudiciais en contra cun uso partidista das institucións, o nacionalismo fai unha aposta decidida pola legalidade, a transparencia e a participación dende a administración pública.

O BNG, como leva facendo dende hai anos, seguirá a traballar nas institucións nas que ten presenza para evitar que se consume unha desfeita que hipoteque o futuro da comarca da Coruña a perpetuidade.

Pola súa banda, a deputada autonómica Mercedes Queixas manifestou que:

O BNG, que hoxe está, como estamos sempre, a pé de rúa, a pé de obra, a pé de problema, está tamén todos os días pateando as institucións. Asi, anunciamos hoxe que imos presentar unha moción no conxunto de concellos da comarca e á Deputación da Coruña defendendo unha Vía Ártabra ao servizo da xente, para que todo o mundo se posicione, para que todo o mundo se retrate, para que falen os argumentos e as razóns e calen a demagoxia e as descalificacións.

Imos tamén darlle continuidade ao noso traballo de control e fiscalización dun goberno, teoricamente galego, que nin fala, nin ve, nin escoita, tampouco neste tema, pero insistimos, imos perseverar no noso traballo que, na cámara autonómica, plasmouse nunha serie de iniciativas nas que pedimos (relación sucinta dos enunciados das iniciativas presentadas).

Un traballo que, señores do PSOE e Unidas Podemos, ten o seu complemento através da acción do noso deputado nas cortes españolas, Néstor Rego. Porque o partido da Vía Ártabra tamén se xoga, para a nosa xa completa desgraza, en Madrid. De nada sirve, e menos cando se fai tarde, mal e arrastro, finxir, ou cando menos escenificar, unha teórica defensa da verdadeira Vía Ártabra aqui ou en Santiago, cando en Madrid non se lle paran os pés a un PP que traballa ao servizo de Audasa. Señores do PP e Unidas Podemos, non autoricen o enlace da Vía Ártabra coa Autoestrada do Atlántico na Gándara, pensada para instalar cabinas de peaxe para negocio duns poucos e hipoteca de case todos, tan sinxelo coma eso.

O BNG demanda que a Vía Ártabra sirva ao conxunto da comarca e non a Audasa e ao urbanismo especulador