Emprego

'Camiños á empregabilidade' comeza o luns para incrementar as oportunidades laborais dos menores de 30 e maiores de 45 anos sen emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pon en marcha este programa que proporcionará aos participantes ferramentas para mellorar a súa empregabilidade no entorno laboral actual
'Camiños á empregabilidade' comeza o luns para incrementar as oportunidades laborais dos menores de 30 e maiores de 45 anos sen emprego
empregabilidade
empregabilidade

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2022.- A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inicia o luns unha nova edición do programa Camiños á empregabilidade que incluirá catro fases de formación (presencial e en liña) nas que se proporcionarán ferramentas interxeracionais para mellorar a empregabilidade no entorno laboral actual, desde as perspectivas de emprego por conta allea e autoemprego.

A iniciativa está dirixida, preferentemente, a persoas menores de 30 e maiores de 45 anos que se atopen en situación de desemprego ou en busca de mellora de emprego, e inclúe a participación de representantes de recursos humanos de empresas, consultoras de selección de persoal, emprendedores/as e entidades do terceiro sector.

É un programa baseado na metodoloxía blended learning ou aprendizaxe mixto, un modelo educativo que busca combinar o ensino presencial co aprendizaxe remoto. Isto facilitará a participación das persoas, con independencia da localidade de procedencia, xa sexa do ámbito urbano ou do ámbito rural.

Os contidos teñen unha evolución progresiva, con actividades transversais que serán aplicadas a todas as persoas inscritas e outras máis concretas nas que se traballará con grupos reducidos. Porase, ademais, o acento na utilización da figura dun/ha mentor/a ou guía no que apoiarse e recibir transferencia de coñecementos, confianza, contactos, competencias e habilidades.

A empatía e apoio entre xeracións, mesturando xoves con adultos e invitándolles a compartir inquedanzas e recursos, pretende enriquecer a súa rede de contactos, ademais de posibilitar a formación de equipos de traballo complementarios.

Comentarios
'Camiños á empregabilidade' comeza o luns para incrementar as oportunidades laborais dos menores de 30 e maiores de 45 anos sen emprego