medio ambiente

Casares, trala comparecencia de Ribera: "Reafírmase a vontade do Parlamento de acordar a reforma do mercado eléctrico antes de final de ano"

Durante a presidencia española do Consello Europeo, a comparecencia da ministra Teresa Ribera destaca a determinación da Unión Europea para avanzar en importantes cuestións enerxéticas. O Parlamento e os grupos políticos comparten a meta de reformar o mercado eléctrico antes de que remate o ano.
Casares, trala comparecencia de Ribera: "Reafírmase a vontade do Parlamento de acordar a reforma do mercado eléctrico antes de final de ano"
Luena, Ribera y Casares
Luena, Ribera y Casares

Bruxelas, 26 de outubro de 2023 - A comparecencia da ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e vicepresidenta, Teresa Ribera, no Comité de Enerxía e Industria puxo de manifesto a dedicación e o esforzo da presidencia española do Consello da Unión Europea en cuestións relacionadas coa enerxía. Durante este período está a avanzarse en cuestións lexislativas cruciais, como o paquete de gas que abarca a regulación do hidróxeno, a normativa para reducir as emisións de metano e a directiva destinada a mellorar a eficiencia enerxética nos edificios.

No que respecta á reforma do mercado eléctrico da UE, Ribera expresou a súa satisfacción polo acordo alcanzado no Consello de Ministros de Enerxía a semana pasada. Pola súa banda, durante o debate, o relator do Parlamento para a reforma, o eurodeputado Nicolás González Casares, manifestou a súa intención de pechar a reforma antes de que termine o ano e expresou a súa preocupación por certos aspectos acordados, como é a flexibilidade excesiva respecto aos mecanismos de capacidade fósil. O socialista reiterou o firme compromiso do Parlamento coa protección dos consumidores.

No debate tamén participaron os relatores alternativos dos grupos de EPP, Renew, os Verdes e a Esquerda, quen comparten o desexo de alcanzar un acordo político antes de que finalice o ano.

Casares, trala comparecencia de Ribera: "Reafírmase a vontade do Parlamento de acordar a reforma do mercado eléctrico antes de final de ano"