Ensino e coronavirus

CIFP Anxel casal-Monte Alto: estudantes en perigo por Xunta de Galicia

Dende o CIFP Anxel Casal-Monte Alto (Galicia, A Coruña) parte do alumnado está a sufrir dificultades debido á situación actual derivada da emerxencia sanitaria.

CIFP Anxel casal-Monte Alto: estudantes en perigo por Xunta de Galicia

Os protocolos establecidos pola Xunta en materia de COVID-19 non están a ser efectivos tanto para o alumnado como para o centro, o que está a dificultar moito tanto o proceso de aprendizaxe dentro das aulas como calquera proceso educativo adxacente.

O protocolo ata o momento destacou pola súa ineficacia en todos os ámbitos:

A combinación nas clases afecta aos alumnos dun xeito desequilibrado, creando desigualdades, que se ven incrementadas pola falta de recursos tecnolóxicos que sofren algúns alumnos. Non hai unha organización clara respecto diso, que impida un correcto seguimento do contido e do traballo que se ensina nas aulas.

Hai outra gran preocupación en relación á falta de profesores, en 2º curso de Animación Sociocultural e Turística (ademais doutros cursos nos que se imparte esta materia) levan dende o 30 de setembro sen profesor de Primeiros Auxilios. A información facilitada polo centro respecto a esta cuestión é: que neste momento non hai persoal dispoñible para cubrir esta falta.

Case un mes despois, os estudantes atopámonos nesta situación. A comunicación que existe entre a dirección do centro e o alumnado é practicamente nula, algo que foi unha dinámica constante que non se limita a este feito específico.

Outro dos puntos a tratar é a falta de infraestruturas que permitan o correcto mantemento dos protocolos sanitarios pertinentes impartidos polas autoridades sanitarias. Non dispoñemos dos recursos necesarios para poder seguir correctamente estas pautas, e esta situación se dá nos recreos, onde se organizaron puntos de encontro insignificantes para os estudantes onde deben pasar estas horas intermedias. Nestes puntos hai multitudes diarias.

Esta situación é practicamente insostible por parte dos estudantes, que decidiron agruparse para esixir unha educación de calidade e garantir unha aprendizaxe segura e sostible.

Os estudantes do CIFP Anxel Casal-Monte Alto esixen á Xunta de Galia e a Consellería de Educación que tomen as medidas necesarias e que faciliten ao centro todos os recursos necesarios para solucionar todas estas incidencias canto antes.

CIFP Anxel casal-Monte Alto: estudantes en perigo por Xunta de Galicia