Memoria histórica | Fórum Propolis | Nota de prensa

Estrea na Coruña e en Ferrol de 'La cárcel de curas', este luns 29

A proxección na Coruña será seguida por un coloquio no que interveñen Nicanor Acosta e o historiador Anxo Currás, xunto a Ritxi Lizartza, un dos directores do filme. Currás e Lizartza tamén estarán en Ferrol para o coloquio.

Estrea na Coruña e en Ferrol de 'La cárcel de curas', este luns 29
Cartaz
Cartaz

Maluta Films presenta un documental sobre o único cárcere de curas del mundo, creada para castigar aos sacerdotes que se levantaron contra o franquismo.

A CORUÑA, 28 DE NOVEMBRO. A cinta de Ritxi Lizartza, David Pallarès e Oier Aranzabal pasou polo Festival de Cine e Dereitos Humanos de Donostia, trata sobre o único cárcere para sacerdotes do mundo, creado polo Vaticano e Franco en Zamora, e lembra a loita dos curas que reaccionaron contra a opresión franquista, a partir do relato dos propios protagonistas, entre eles Nicanor Acosta, activista coruñés e fundador do Forum Própolis.

Aqueles curas que combateron os abusos do ditador non recibiron o recoñecemento nestes máis de 50 anos desde que se inaugurou a prisión, en 1968. O documental recolle partes de 35 entrevistas a sacerdotes e ex sacerdotes como Xabier Amuriza; Josu Naberan; Juan Mari Zulaika; Eduard Fornés; Julen Kaltzada; Jon Etxabe; Periko Solabarria; Periko Berrioategortua; Juan Mari Arregi; Martin Orbe; Felipe Izagirre; Lukas Dorronsoro; Vicente Couce; Mariano Gamo; Josep Maria Garrido; Andreu Vila; Jose Antonio Calzada; Lukas Dorronsoro; Mikel Zuazabeitia e Pablo Muñoz, entre outros. A maioría deles foron condenados a doce anos de cadea por denunciar a opresión da ditadura.

La cárcel de los curas (Maluta Films).

  • Cantones Cines. A Coruña. Av. Porto da Coruña, 3 Luns 29 de novembro. 17:30 horas.
  • Cines DUPLEX. Ferrol. Travesía Moreno, 3. Luns 29 de novembro. 19:30 horas.

 

Estrea na Coruña e en Ferrol de 'La cárcel de curas', este luns 29