Jorquera salienta que este 9X na Coruña o BNG obtivo 3.264 votos e 5 puntos porcentuais máis que en 2019

“Son uns resultados que volven confirmar claramente a tendencia á alza do BNG na cidade da Coruña”
Jorquera salienta que este 9X na Coruña o BNG obtivo 3.264 votos e 5 puntos porcentuais máis que en 2019

A Coruña, 10 de xuño de 2024. “Queremos expresar a nosa satisfacción polo éxito acadado polo BNG este 9 de xuño, tanto no conxunto do país, como na cidade da Coruña”. Con estas palabras, o portavoz nacionalista no Concello, Francisco Jorquera, avaliou os resultados obtidos polo Bloque nas eleccións ao Parlamento Europeo.

“É para estarmos satisfeitos e satisfeitas. Non só polo BNG, senón tamén polo país. Galiza vai ter voz propia, a través de Ana Miranda, no Parlamento Europeo nos vindeiros cinco anos. Volvemos ter un escano de país”, destacou Jorquera.

En particular, Jorquera amosou unha grande “satisfacción” polos resultados acadados na Coruña. “Pese a que nestas eleccións houbo bastante menos participación que en 2019, na Coruña o BNG subiu 3.264 votos e máis de 5 puntos porcentuais”, salientou.

“Son uns resultados que volven confirmar claramente a tendencia á alza do BNG na cidade da Coruña”, concluíu Jorquera.

Jorquera salienta que este 9X na Coruña o BNG obtivo 3.264 votos e 5 puntos porcentuais máis que en 2019