Nota de prensa

MODEPEN se suma a la lucha contra la violencia machista

Desde Modepen (Movemento pola defensa das pensións públicas) rexeitamos rotundamente o asasinato de Anabel en Cabanas, e solidarizámonos coa familia, e facemos nosas as palabras da sua filla, fronte á violencia machista, "tolerancia cero". Mas isto ten que concretarse en feitos.

MODEPEN se suma a la lucha contra la violencia machista
IMG_20180317_120525_701
IMG_20180317_120525_701

Abonda xa comunicados e actos simbólicos, de días de loito,... Todo isto, sin que vaia acompañado de feitos, de medios, de diñeiro e de autoorganización das mulleres e da sociedade para frear unha lacra xerada pola mesma sociedade que sostén a fenda salarial entre homes e mulleres en pensións e salarios, que mantén a maior precariedade na muller traballadora; que ve como o desmantelamento do servizos públicos (dependencia, sanidade, educación,...) redunda na imposibilidade efectiva da conciliación da vida familiar, pois sobre as suas costas recaen eses traballos que a administración abandona nas mans privadas.

Modepen apoia e apoiará todas as mobilizacións que se convoquen, co obxectivo de erradicar da sociedade a lacra da
violencia machista.

MODEPEN se suma a la lucha contra la violencia machista