Balance dos dous anos de gobernos do cambio

O municipalismo prepara o horizonte 2019 no encontro Mac3 da Coruña

Máis de 300 persoas de 75 colectivos municipalistas, partidos e movementos sociais de todo o Estado, traballaron esta fin de semana na Coruña para facer balance dos dous anos de gobernos do cambio nos Concellos e renovar a aposta municipalista de 2015

O municipalismo prepara o horizonte 2019 no encontro Mac3 da Coruña
Mac3_Clausura2
Clausura del Mac3

O encontro Mac3, Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder, vén de clausurarse esta mañá no Paraninfo da Coruña, nun acto de recapitulación de todo o traballo feito esta intensa fin de semana, organizado pola Fundación dos Comúns, o Instituto DM e a Marea Atlántica.

Máis de 300 persoas, de 75 colectivos de todo o Estado, desde candidaturas municipalistas e partidos ata movementos sociais e organizacións cidadás participaron no Mac3. Este foro serviu para facer balance dos dous anos transcorridos desde a vitoria das candidaturas do cambio nas eleccións de 2015, e para trazar as prioridades de cara á vindeira cita electoral de 2019.

Debate compartido e prioridades para 2019

Nos catro días que durou o encontro municipalista na Coruña, houbo consenso na necesidade de repetir a aposta das confluencias municipalistas nos mesmos termos que en 2015. Puxéronse sobre a mesa cuestións como a defensa dos bens comúns, os camiños para superar os obstáculos que as leis de Montoro poñen ás remunicipalizacións ou a denuncia da nova burbulla inmobiliaria que se vende como crecemento económico.

Noutros obradoiros, analizouse a necesidade de impulsar políticas públicas para garantir a soberanía tecnolóxica, na procura de sociedades máis democráticas. E non faltaron os camiños para máis e mellor participación e a sempre imprescindible loita para feminizar as organizacións e os espazos de actividade política, superando a educación machista.

Do mesmo xeito, incidiuse na importancia de manter a loita por estar nas institucións para impulsar cambios sociais nas nosas cidades, pero sen afogar ao tecido asociativo e aos movementos sociais. As organizacións políticas deben, polo tanto, ter estruturas flexibles que poidan adaptarse a obxectivos concretos, en lugar de ser un obstáculo.

Tecendo redes dentro e fóra do Estado

No Mac3 estiveron representados os gobernos municipais da Coruña, Compostela, Ferrol, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Cádiz, Oviedo e Iruña, Teo, A Pobra e moitas outras con presenza nos concellos como grupos de oposición (Ourense, Vigo, Málaga, Sevilla, Jerez, Santander, Xixón...)

O encontro contou tamén con presenza internacional, de organizacións como o IRG Paris, CADTM Bruxelas, Take Back The City (Londres), CommonsPolis (Francia), Movemento Utopía (Francia), Masa Crítica (desde Nápoles) ou Pimentelab (Sao Paulo), entre outros.

O Mac4 será en Madrid, en maioVigo, Ribeira, de 2018

No remate do acto, a Fundación de los Comunes aproveitou para a anunciar a vindeira edición dos encontros de Municipalismo, autogoberno e contrapoder. Celebrarase en Madrid, contra o mes de maio de 2018, un ano antes das vindeiras eleccións locais.

O municipalismo prepara o horizonte 2019 no encontro Mac3 da Coruña