Xornalismo
Palestra de Antonio Lodeiro sobre a liberdade de prensa
Axenda social
![Campaña de AI-min](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/entrenosagra/images/2017/05/02/2017050214542196843.png)
Onde
Grupo Coruña de Amnistía Internacional. Rúa Rafael Alberti 5, 1º C
Cando
Mércores, 3 de maio
Horario
20.00 horas
Información
Las nuevas amenazas a la libertad de prensa, palestra do xornalista Antonio Lodeiro. Un dos países aos que Amnistía Internacional dedica o Día da Liberdade de Prensa é a Turquía. Unha terceira parte dos e as xornalistas encarcerados en todo o mundo está en prisións turcas: a inmensa maioría en espera de xuízo; xunto con todos os medios de comunicación da oposición, están a ser obxecto dunha campaña de represión sen precedentes: máis de 120 xornalistas seguen en prisión, pecháronse máis de 160 medios de comunicación e nalgunhas partes do país suspendeuse o servizo da internet e limitouse o acceso a redes sociais.