8M

Erguer convoca un paro de dúas horas baixo o lema "Loitando dende as aulas por un futuro feminista

A organización estudantil chama á mobilización para visibilizar as desigualdades de xénero na educación
Erguer convoca un paro de dúas horas baixo o lema "Loitando dende as aulas por un futuro feminista
Loitando dende as aulas por un futuro feminista
Loitando dende as aulas por un futuro feminista

Erguer.Estudantes da Galiza presenta a súa campaña para o 8 de marzo baixo o lema "Loitando dende as aulas por un futuro feminista". A organización convoca un paro de dúas horas para o vindeiro 8 de marzo, entre as 11 e as 13 horas, en todos os centros do país, instando á participación das estudantes.

A iniciativa de Erguer coincide co paro convocado pola CIG e busca dar visibilidade aos problemas que as estudantes enfrontan diariamente, tanto dentro como fóra do ámbito educativo. A organización subliña a necesidade de abordar cuestións como a invisibilidade nos libros de historia, a falta de educación en igualdade e sexo-afectiva, así como a escasa aplicación transversal da perspectiva de xénero nos currículos educativos.

"O patriarcado comeza na educación", afirmou Jenni, unha das integrantes de Erguer. A organización considera que a loita nas aulas é fundamental para construír un futuro feminista e para superar as barreiras actuais no ámbito educativo.

A campaña, que comeza hoxe, terá unha continuidade ao longo do mes e culminará coas mobilizacións programadas para o 8 de marzo, tanto pola mañá como pola tarde. Erguer.Estudantes da Galiza destaca a importancia da participación activa nas mobilizacións para avanzar na consecución dunha sociedade máis igualitaria.

Erguer convoca un paro de dúas horas baixo o lema "Loitando dende as aulas por un futuro feminista