Les Coruña

Habitación Propia estrea comedia con De Fanileidis

A fotógrafa Bea Werever e Les Coruña elixen para a 5ª edición de Habitación Propia o humor de De Fanileidis, unha comedia interpretada polas actrices Helga Méndez, Eugenia Sanmartín e Marian Rei. O novo show de comedia de improvisación destas comicas sen complexos fara rir ao público asistente cun humor sorprendente e arriscado.

Habitación Propia estrea comedia con De Fanileidis
De fanileidis
De fanileidis

Neste espazo único situado no Orzán, Habitación propia impulsa e promociona traballos artísticos e profesionais de mulleres que contarán as súas historias a través dos seus traballos. 12 mulleres seleccionadas que marcan o paso artístico da nosa cidade para triunfar en 8 disciplinas diferentes que deberías coñecer. 

Elena Buch
Elena Buch

Elena Buch: Fotógrafa e fotoxornalista con laboratorio propio onde traballa e investiga sobre técnicas de fotografía química. Usa a docencia como ferramenta de cambio. 

Rebeca Calavera: Deseñadora gráfica e música. Nesta ocasión presenta o seu proxecto “No es mi amiga” (diario para sair do armario) que trata dun diario que a autora fixo para a súa avoa en resposta a 10 preguntas básicas que cre que ela se fixo a sí mesma. 

Lula: Arte vitral moderno, creadora de pezas que iluminan as estancias interiores con vidros de distintas opalescencias e cores. 

Slowbasic
Slowbasic

Slowbasic: María, Marta e Bea son tres amigas que crean a marca slowbasic, ropa orgánica, vegana e de confección local. 

Iria Roldán
Iria Roldán

Iria Roldán: Artista polifacética; comenza con o debuxo e adéntrase no deseño, a fotografía, a música e a narrativa. 

Miriam García: Deseñadora gráfica de profesión e ilustradora de corazón. Apasioada da cor e das gamas cromáticas impactantes que acompañan a crítica social da súas obras.

De Fanileidis: As actrices Helga Méndez, Eugenia Sanmartín e Marian Rei únense para crear comedia. 

Eugenia Sanmartin
Eugenia Sanmartin

Eugenia Sanmartín: Poeta, cantante, actriz e compositora. Presenta temas do soñado próximo disco: A Maruxa Cantante in Gulins Tempo. 

Agardamos que vos guste e vos sirva. 

LES CORUÑA, en colaboración con Bea Wherever, presenta a quinta edición de HABITACIÓN PROPIA. Domingo 2 de abril 2023 ás 12:00h en Espacio Teu Teu, Orzán 96. 

Habitación Propia é unha iniciativa para impulsar a creación e a difusión de proxectos de mulleres emprendedoras.

Habitación Propia estrea comedia con De Fanileidis