8 de marzo

As mulleres de Sol rematan a folga de fame despois de casi un mes

Nun comunicado, o colectivo Ve-la Luz sinala que as súas reivindicacións serán incluidas no pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As mulleres de Sol rematan a folga de fame despois de casi un mes

As catro mulleres, entre elas as coruñesas Gloria e Martina, do colectivo Ve-la Luz que se mantiñan en folga de fame en tendas de campaña na Puerta do Sol de Madrid desde hai catro semanas decidiron poñer onte pola noite fin á protesta unha vez que obtiveron o compromiso de representantes do goberno e do PSOE de atender as súas reivindicacións. Xunto a elas tamén puxeron fin á folga de fame outras once persoas que se sumaron á protesta a semana pasada.  

Nun comunicado emitido a última hora da noite por Ve-la Luz, o colectivo, que agrupa a mulleres vítimas de violencia de xénero e que empezou as súas actividades de denuncia no 2009 en Sada, sinala que o Secretario de Estados de Servicios Sociales e Igualdad, Mario Garcés, “ha sido el primero en apoyar esta iniciativa, nos ha apoyado y acompañado desde el comienzo de la huelga, y ha sido gracias a él y su empeño que el Gobierno ha tomado este testigo”. A continuación indica que, despois da visita do luns á Comisión de Igualdade do Senado, o Grupo Socialista comprometeuse “a defender las mismas reivindicaciones, para incluirlas en Pacto de Estado contra la violencia de género”; e engade que tras esas presentación no Senado “ha habido varios acercamientos de distintas formaciones políticas como Ciudadanos”.

O colectivo saúda esta “nueva vía de diálogo” e advirte que seguirá traballando para “incluir las reformas necesarias para que la Ley contra la Violencia de Género que ya lleva 13 años se actualice, se dote de recursos y se haga efectiva”.

Unha das primeiras medidas nas que as activistas conseguiron comprometer ás forzas políticas, segundo o comunicado, é que se inclúa no pacto de Estado contra a violencia machista que todos os menores orfos teñan dereito a unha pensión, e non só quen perderon a súa nai a partir de 2015, como sucede até hoxe.


 

As mulleres de Sol rematan a folga de fame despois de casi un mes