Os Mallos

O BNG traslada ao Goberno Local as preocupacións dos veciños dos Mallos

La concelleira do BNG, Mercedes Queixas, expón as demandas da veciñanza, destacando una invasión de vehículos na rúa Ramón Cabanillas.
O BNG traslada ao Goberno Local as preocupacións dos veciños dos Mallos
Reunión Mercedes Queixas veciñanza dos Mallos
Reunión Mercedes Queixas veciñanza dos Mallos

A Coruña, 28 de novembro de 2023 - Froito do encontro, a edil nacionalista diríxelle un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local sobre distintos aspectos que atinxen as competencias do Concello, desde a mobilidade até a limpeza.

“En xeral existe unha percepción moi estendida de que o Goberno Local trata peor os barrios populares que o centro da cidade”, resalta Mercedes Queixas, quen refire problemas como a invasión da zona peonil da Rúa Ramón Cabanillas por parte de vehículos particulares ou a falta dun mantemento adecuado do Parque Infantil da Sardiñeira, asunto que o BNG xa levou ao Pleno no mandato anterior (decembro de 2022) a medio dun rogo oral.

Queixas entende que o Executivo coruñés debe atender peticións veciñais tan razoábeis como a instalación dunha marquesiña de autobús na parada 253 dos Mallos ou a habilitación dun espazo de uso comunitario (TEU), “como o que existe nalgún outro barrio da cidade”.

O BNG traslada ao Goberno Local as preocupacións dos veciños dos Mallos