REVOLTA DA MEMORIA NA AGRA

Un ano cheo de actividades na Asociación Veciñal Agra

Un ano cheo de actividades na Asociación Veciñal Agra
Portada Calendario
Portada Calendario

A portada do calendario di: Verdade, Xusticia e Reparación. Revolta da Memoria na Agra.

12 meses e doce historias de veciños e veciñas dos  barrios da cidade que sufriron a represión do facismo e que en tantos casos quedaron vidas troncadas e como mínimo marcadas na súa memoria e na súa alma, e que ainda hoxe en día séguese a espera da reparación.

Este Xoves día 21 as 20h se fará a presentación poñendo a mirada en honrar as vítimas da represión fascista e en promover a memoria histórica democrática. Ademáis haberá unha palestra de Carlos Velasco “A repressom fascista na Corunha á luz do tempo presente” onde seguro se dará un interesante debate.
O calendario podese conseguir na Asociación Veciñal, Entrepeñas 38 entrechán, calquera día de diario de 18 a 20h.

Actividades do 2017

Foi un ano mais cheiño de actividades organizadas pola Asociación. O terceiro martes de cada mes faise o Parladoiro Veciñal da Agra que se vai dedicando cada vez a unha tematica.  Algunhas de elas: “Papel dos medios na Comunicación Social”, “Maternidade Subrogada: aspetos éticos e xuridico”s, e este martes 19 as 20:30h “Poboación inmigrante non barrio da Agra do Orzán”.

Séguese coa reivindicación de que o Parque do Observatorio sexa un parque para o barrio. Parque da Agra Xa!!.
Unha gran diversidade de actividades: “Gosto de che ler un Poema” a lectura de Poemas de escritores do noso país; faladoiros con diversas temáticas, Ferrados das Letras: Festival de Musica e Poesía, a Foliagra do barrio, Manifestacions etc.
Ademais todos os días hai unha chea de actividades nas que se pode participar.

No noso barrio temos un espazo para os veciños e veciñas cheo de actividade aberto e plural.

Moitas grazas a Asociación Veciñal da Agra do Orzán pola diversidade de actividade cultural, reivindicativa, formativa e informativa. Estaremos pendentes das actividades do ano 2018.

Comentarios
Un ano cheo de actividades na Asociación Veciñal Agra