Falamos con Regina Basadre, médica no Centro de Saúde do Ventorrillo

Como vivir a vellez hoxe

A Asociación veciñal Agra do Orzán, organiza un taller “como vivir a vellez hoxe” que propón alternativas para un bo envellecer.
Como vivir a vellez hoxe
Regina Basadre. Talleres Asociación
Regina Basadre. Talleres Asociación Agra

Este taller, que consta de varias sesións será impartido por unha muller, Regina Basadre, que ademais da súa profesión como médica, se introduciu e especializou en os procesos correctores comunitarios.

Regina Basadre, médica no Centro de Saúde do Ventorrillo, hoxe nos fala como especialista en metodoloxía ProCC (procesos correctores comunitarios). Esta metodoloxía é estudada e impartida polo centro Marie Langer, con sede en diversas cidades españolas e tamén en outros países como Arxentina, Cuba, etc.

O seu ámbito de traballo e a intervención comunitaria, desde unha óptica de transformación social buscando a autonomía das persoas e aumentando a saúde da poboación.

Regina ¿que é o Centro Marie Langer?

Tal como dixen é un centro de intervención comunitaria, que estuda, analiza, traballa e investiga a través da metodoloxía dos procesos correctores comunitarios ProCC, malestares da vida cotidiana, quero dicir, malestares que vivimos na vida cotidiana que teñen que ver coa sociedade na que vivimos e que non podemos consultar co médico, xa que non son problemas estritaménte individuais, si, nos afectan as nosas vidas, pero son problemáticas colectivas, atravesan o sentir colectivo, por exemplo, cando chegas a vello ou te xubilas se dice “agora a disfrutar”, eu pregúntome que significa eso “agora a disfrutar”? Que antes non disfrutabas nada? De donde nace este guión? Tamen se escoita, “ser vello é unha carga”, “non valgo”, a vellez vivida como un elemento negativo, como unha carga. Todo isto ten que ver con un guión, nada que ver co a propia vellez. En outros tempos, por exemplo na sociedade grega os vellos eran seres de prestixio que gobernaban e decidían. Isto ten que ver cunha sociedade e un tempo dado, en este caso ten que ver co noso tempo, cunha sociedade capitalista, cun sistema de valores que a sociedade necesita para automanterse. Nesta sociedade é necesario a productividade, ese e o valor, no momento que non produces, perdes valor como individuo.

Entón o Centro Marie Langer é unha escola na que se estuda e investiga a intervención comunitaria, co obxectivo de construír espazos de reflexión sobre todas as temáticas sociais, neste caso nos centramos na vellez hoxe e como transformala.

En que vai consistir o Taller que vas a impartir na Asociación Veciñal Agra Orzán?

Si, o taller, como dicía, é un espazo de reflexión coas persoas que participan. Vaí dirixido a persoas maíores de 65 anos, o único requisito e que sexan persoas que cognitivamente esten ben.

Queremos reflexionar o que é a vellez aquí e agora e sobre todo coa  visión de analizar os malestares da vida cotidiana que veñen por ser vellos, hai que ter en conta que ser vellos non é ser enfermos, xa que casi sempre se asocia a vellez á enfermidade. 

O que imos traballar no taller son os cambios que conleva esta etapa da vida, son cambios biolóxicos, non é que se vaia para a baixo, mentres un vive vaise para adiante aínda que sea mais despacio, pero hai vida, e ademais o psicolóxico non ten que decaer e o social tampouco.

Poñemos unha mirada crítica que intenta ganar na saúde de cada persoa e analizamos o guión social no que vivimos,  asumimos e nos resignamos, tal como se dice “éche o que hai”, este guión que está aí non é saudable.

Temos que construír un guión saudable, sacudir os fardos que non son nosos e que cada quen en calquera idade da vida poña en marcha o seu proxecto, da igual a idade, ter 70 como 80 anos, o importante é ter un proxecto. A nosa proposta respecto á vellez e que hai que vivila como todas as etapas da vida, con un proxecto e con ilusión.

Cantas sesións vai a ter o taller e cal e o límite de plazas?

A partir de 12 persoas ata 20 esta moi ben.

O taller “Como vivir a vellez hoxe” ten unha duración de 10 semanas,  impártese  2 horas cada semana, imos facelo os martes pola mañá desde as 10.30 a 12:30 h. Comeza o 19 de abril e acabamos o 31 de xuño.

Agora mesmo xa está en marcha. Se se quere inscribir deberían facelo xa. Pódense inscribir na Asociación Veciñal Agra na Rúa Entrepeñas 38, tamén no teléfono: 981 26 10 44 ou no correo [email protected]

Como vivir a vellez hoxe