Axenda cultural

Contacontos na Suévia: unha viaxe até a Estrela Rosalía de Castro

O sábado 25 de xaneiro ás 12.00h ContaContos Viaxe á Estrela Rosalía de Castro + Obradoiro de Foguetes do Espazo.
Contacontos na Suévia: unha viaxe até a Estrela Rosalía de Castro
ContaContosEspazo
ContaContosEspazo

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar o próximo sábado 25 de xaneiro ás 12h, un Contacontos no que as nenas/os viaxarán a 240 anos luz da Terra, ata a Estrela Rosalía de Castro. Probarán a que sabe a lúa, farán amizade con un  Extraterrestre e visitarán o Planeta Río Sar, acompañadas/os dun pingüín moi peculiar. O ContaContos estará baseado nos seguintes títulos:
 

  • A que sabe a lua de Michael Grejniec da Editorial Kalandraka
  • Pingüinauta. La gran aventura hacia la Luna de Marcie Colleen da Editorial astronave
  • Mi amigo extraterrestre de Rocío Bonilla da Editorial Beascoa

Para rematar, cada nena/o construirá o seu propio Foguete do Espazo. Usaremos pinceis e pintura. Traede roupa que se poida manchar! Esta actividade é gratuita e non é preciso anotarse

Comentarios
Contacontos na Suévia: unha viaxe até a Estrela Rosalía de Castro