AXENDA CULTURAL

Ferrados de Letras 2019

Hoxe, xoves 30 de maio celebrase Ferrados de Letras ás 20:30h no salón de actos do Centro Ágora, un festival para festexar as letras e cultura galegas

Ferrados de Letras 2019
30 de maio Ferrados de Letras
30 de maio Ferrados de Letras

Neste edición de 2019 as actuacións corren a cargo de:

  • os colectivos de baile, canto e poesía da Asociación Veciñal AGRA ([email protected][email protected] da vida, [email protected] da paz, [email protected] de soños).
  • Mercedes Queixas Zas, secretaria a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), falará sobre Antonio Fraguas Fraguas.
  • o grupo musical Parabéns, que interpretarán O pito cairo, Lela, No niño novo do vento, Se chove, Foliada de Verducido...
  • Coral da Asociación Cultural-Musical Solfa (actuación financiada polo Concello da Coruña), cun repertorio constituído por obras de diferentes estilos e temas: clásicos, portugueses, brasileiros… e sempre cun lugar destacado para os temas populares galegos e para as composicións sobre textos de poetas galegos. Solfa estreou varias obras de compositores vinculados ao coro: Xosé Carlos Seráns  e Francisco Tobar, actual director.

Agasallarase un marcapáxinas coa letra de algún dos temas interpretados polos diferentes grupos.

A entrada é libre e gratuíta. 

Enlace co evento na páxina do Centro Ágora: http://www.coruna.gal/agora/es/detalle-suceso/ferrados-de-letras-2019/suceso/1453697384942

Comentarios
Ferrados de Letras 2019