A.V. Agra do Orzán

Festival "Con voz de primavera" no Centro Ágora

A Asociación Veciñal Agra celebrará un ano máis o festival “Con voz de primavera” en colaboración coa comunidade educativa do IES Agra do Orzán. Será este xoves, 7 de abril, a partir das 18:30 h. no auditorio do Centro Ágora. A entrada é de balde, para todos os públicos; a porta abre ás 18 h. e os asentos asígnanse por orde de chegada.
Festival "Con voz de primavera" no Centro Ágora
Con voz de primavera
Con voz de primavera

“Con voz de primavera” forma parte do programa “Agra no Ágora” do Concello da Coruña, que en 2022 financia a representación de Europa entre 4 paredes pola Asociación Cultural Turbina.

Europa entre 4 paredes é unha lectura dramatizada que reúne textos de autoras de diferentes países europeos que foron convidadas para escribir sobre a vida entre catro paredes durante a pandemia e de que forma o confinamento mudou a forma de entender que significa pertencer a Europa. Entre a realidade e a ficción, os textos A voz humana (do portugués Ricardo Correia), Engordiño (da británica Deborah Pearson), Idus (da galega Vanesa Sotelo) e O mundo exterior dimo todo (da italo-austríaca Maxi Obexer) serven para revisar o pasado recente e lanzar a mirada sobre o presente.

  • Textos: Deborah Pearson, Maxi Obexer, Ricardo Correia, Vanesa Sotelo
  • Elenco: Fran Godón, Manu Lestón, Noelia Iglesias, Vanesa Sotelo
  • Iluminación e espazo escénico: Raúl Giraldo
  • Tradución: Antía Veres, Patricia Buján, Vanesa Sotelo
  • Dirección: Vanesa Sotelo

Na segunda parte do festival, será o alumnado do IES Agra do Orzán quen representará Finlandia.

Festival "Con voz de primavera" no Centro Ágora