AXENDA CULTURAL

A Livraria Suévia acollerá tres sesións de ContaContos a vindeira semana

O martes 11 comezan os ContaContos na Livraria Suévia

A Livraria Suévia acollerá tres sesións de ContaContos a vindeira semana
ContaContos da noite 14 e 15 de decembro
ContaContos da noite 14 e 15 de decembro

A Coruña, 8 de decembro de 2018.- Na Livraria Suévia (R/ Vila de Negreria, 32) terá lugar un Contacontos para Bebés  o martes 11 de decembro ás 17.00h, recomendado para nenos e nenas menores de 3 anos. Contaranse varias historias e ao remate @s [email protected] xogarán con diferentes obxectos. O xogo heurístico inicia aos [email protected] na exploración e clasificación de obxectos e reforza a compresión mediante a manipulación libre.

Xa o venres 14 de decembro ás 18.30h e o sábado 15 de decembro ás 12.00h, terá lugar o ContaContos da Noite, recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Contaranse tres historias baseadas nos seguintes títulos:

  • A tartaruga que quería durmir de Roberto Aiaga e Alessandra Cimatoribus de OQO editora.
  • Corre, ¡que te como! de Michaël Escoffier editado por SM
  • Onde viven os Monstros de Maurice Sendak editado por Kalandraka

Para rematar, [email protected] as nenas e nenos participarán nun Obradoiro no se confeccionarán adornos de Nadal do Apalpador. Realizarán a tradicional bola para decorar a árbore de Nadal coa imaxe do Apalpador.

Ademais, durante todo o Nadal, estará instalado na libraría o Photocall do APALPADOR co que se poderá personalizar as felicitacións de Nadal. Deseño de Leandro Lamas.

Todas as actividades son gratuítas e non é necesario anotarse previamente.

Comentarios
A Livraria Suévia acollerá tres sesións de ContaContos a vindeira semana