Axenda Cultural

A Livraria Suévia celebra o Día das Librarías con diversas actividades ao longo da semana

Como cada 16 de novembro, CEGAL (Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros), organiza a celebración do Día das Librarias, unha festa coa que se procura recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición e que o mellor lugar para facelo é, sen dúbida, unha libraría. Un día ao ano, as librarías do Estado Español, ofrecen de maneira conxunta, un rico programa de actividades, co que se pretende que @s lectores visiten as librarias. Ademáis das actividades que ao longo da semana organizarán todas as librarías, o propio venres 16 de novembro, as librarias permanecerán abertas ate as 22.00h e farase un desconto do 5%.

A Livraria Suévia celebra o Día das Librarías con diversas actividades ao longo da semana
Cartaz-bebes
Cartaz Contacontos para bebés

A Livraria Suévia ten previsto celebrar as seguintes actividades:

  • Martes 13 de novembro ás 17.00h, CONTACONTOS para BEBÉS. Dirixido a [email protected] de 0 a 3 anos.
  • Xoves 15 de novembro ás 20.00h, a poeta Dores Tembrás charlará coas lectoras sobre "O camiño da acción  poética como vía igualitaria", dentro do programa do FEM.
  • Venres 16 ás 18.30h e Sábado 17 ás 12.00h, CONTACONTOS do Día das Librarias. Contaranse tres historias: -
    • El lobo culto, de Becky Bloom editado por Edebé,
    • Queres ler un libro comigo? de Lawrence Schimel de Alvarellos e
    • Ñac-Ñac El monstuo comelibros de Emma Yarlett da editorial Cubileta. Ao rematar o ContaContos @s [email protected] realizarán marcapáxinas de la.

Todas as actividades son gratuitas e non é necesario anotarse.

Comentarios
A Livraria Suévia celebra o Día das Librarías con diversas actividades ao longo da semana