Axenda cultural

A Livraria Suévia conmemora o 8 de marzo co ContaContos "Cociñando Igualdade" e a presentación do libro de Imma López Silva "Chámame señora, pero trátame coma a un señor"

O propio día 8 de marzo a Livraria Suévia estará fechada pola Folga de Mulleres

A Livraria Suévia conmemora o 8 de marzo co ContaContos "Cociñando Igualdade" e a presentación do libro de Imma López Silva "Chámame señora, pero trátame coma a un señor"
ContaContos-CociñandoIgualdade
ContaContos CociñandoIgualdade

A Coruña, 4 de marzo de 2019.- Na Livraria Suévia (r/ Vila de Negreria, 32) terá lugar un ContaContos o sábado 9 de marzo ás 12.00h, baixo o título "Cociñando Igualdade" no que album ilustrado "Maruxa" de Eva Mejuto editado por OQO, será o fio conductor para dun xeito divertido falar sobre a necesidade da igualdade entre as persoas. O Contacontos está recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Contaranse ademais de "Maruxa" de Eva Mejuto, os seguintes títulos:

  • Marcelina en la cocina de Gracia Iglesias da Editorial Jaguar
  • Vida Secreta de las mamás  Beatrice Masini Editorial Laberinto

Para rematar, haberá un Obradoiro de Modelado con Masa de Sal. A actividade é gratuita e non é preciso anotarse previamente.

xoves 7 en colaboración coa Asociación Veciñal da Agra do Orzán, terá lugar a presentación do libro "Chámame señora, pero trátame coma a un señor" de Inma López Silva, editado por Galaxia. Será ás 20.00h no Salón de Actos da AVV da Agra do Orzán  (r/Entrepenas, 38) . Acompañarán á autora a actriz Imma Antonio, Gaiferos Parrado e o presidente da AVV Ricardo Seixo. Pechará a presentación a actuación do grupo musical Maraxe. A entrada e libre até completar o aforo.

O día 8 de marzo, a Livraria Suévia permanecerá fechada pola Folga de Mulleres.

Comentarios
A Livraria Suévia conmemora o 8 de marzo co ContaContos "Cociñando Igualdade" e a presentación do libro de Imma López Silva "Chámame señora, pero trátame coma a un señor"