Axenda cultural

Na Livraria Suévia terá lugar un ContaContos + Obradoiro de Botes Cósmicos

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar un ContaContos  o vindeiro venres 8 de febreiro ás 18.30h e o sábado 9 de febreiro ás 12.00h, recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Na Livraria Suévia terá lugar un ContaContos + Obradoiro de Botes Cósmicos
ContaContos-Cósmico
ContaContos-Cósmico

Contaranse varias historias baseadas nos seguintes títulos:

  • Nube Branca quere ser astronauta de Pablo Nogueira  de Baía Edicións. 
  • Onde perdeu Lúa a risa? de Miriam Sánchez da editorial Kalandraka .
  • Zorro curioso y el Universo - Una historia sobre el Big Bang-  de Róbert Farkas da editorial Lumen

Para rematar, haberá un Obradoiro de Botes Cósmicos. É necesario que cada nen@ traia un bote de cristal pequeno. O obradoiro consiste en reproducir a imaxe dunha nebulosa, usando algodón, tintes e purpurina e ten como finalidade achegar conceptos de astonomía @s pequenos. 

A actividade é gratuíta e non é necesario anotarse previamente.

Na Livraria Suévia terá lugar un ContaContos + Obradoiro de Botes Cósmicos