Agra do Orzán

A necesidade de mantemento no Agra do Orzán

Falamos con veciñas e comerciantes sobre o mantemento de infraestruturas no barrio e a necesidade de mais luz.
A necesidade de mantemento no Agra do Orzán
Mantemento na Agra
Mantemento na Agra

Comerciantes da rúa Cuba

“En navidad queremos muchas luces navideñas, que nos den vida y alegría”, dinos Susana.

Susana, unha comerciante da rúa Cuba cóntanos “todos los años varios comerciantes llamamos al Ayuntamiento para pedir más iluminación navideña”, engade “hace años ponían suficientes luces y ahora no ponen ninguna”. “Me quejo de que todo se deriva hacia la zona centro y los barrios están desatendidos. Las luces de navidad generan vida, alegría, llaman a la gente a salir a la calle, ya que en invierno tenemos pocas horas de luz y las luces en navidad te animan a estar en la calle”.

Finaliza con este tema dicindo “Queremos más luz de Navidad en la calle Cuba y en toda la zona, queremos más alegría y vida”

Ademais, engade “necesitamos más luz en la calle, ya que esta muy oscuro y se nota sobre todo ahora, en invierno. “Hice una reclamación en el Ayuntamiento, pidiendo que revisaran la luz en la calle y vino una persona a revisar la iluminación y lo que me dijo en ese momento es que quizás había que subir las farolas y ponerlas en el segundo piso para que dieran mayor iluminación. Y eso ha quedado ahí”.

As necesidades de mantemento no barrio son evidentes, en canto a diferentes aspectos. Nas rúas do barrio, sempre nos atopamos con queixas de todo tipo.

Para iso démonos un paseo por diferentes rúas e tratamos de ilustrar o abandono que existe en por exemplo Francisco Añón, Agra do Orzán, Pascual Veiga, José Baldomir, etc.

O abandono das beirarrúas, o asfalto das calzadas con buracos, os locais comerciais que se ven moi abandonados.

Preguntámoslle á María José Gutiérrez Calvete, Presidenta da Asociación Veciñal Agra do Orzán sobre as infraestruturas do barrio e como milloralas.

Como valorades o estado das infraestruturas do barrio?

Primeiramente, o que se entende como infraestruturas en servizos urbanos: luz, auga, transporte público, rede de sumidoiros e recollida de lixo son infraestruturas que TEMOS. Sería impensábel non telas. Agora ben, hai cousas moi moi mellorábeis.

O que se entende como infraestruturas en equipamentos: centros de ensino, ambulatorios, centros de día, bibliotecas, museos e centros cívicos, zonas verdes ou parques, mercados e en xeral espazo público, o problema é que apenas temos.

O único que hai na Agra son unhas aceiras mínimas, unha praza e un mercado. Centros de ensino, saúde e cultura están nas proximidades. Podemos dicir que, en xeral, somos un barrio sen equipamentos. 

E isto xera problemas colaterais. Un deles por exemplo é que o Concello non pode poñer gaiolas para controlar a poboación de pombas e gaivotas porque non ten tellados de edificios públicos e dependen de que as comunidades de propietarios lles deixen acceso aos seus tellados. Outro efecto é ter que ir votar fóra do barrio e en espazos con dificultade de acceso. O colexio electoral do IES do Paseo das Pontes tivo innúmeras queixas pola empinadísima costa para chegar. Outra das consecuencias é que o programa Deporte na rúa, que fai o concello no verán na cidade, non se pode facer na Agra do Orzán porque non hai sitio, literalmente. 

Para colmo, a remodelación última da nosa única praza, encheu con tanto mobiliario o espazo que xa non temos sitio para facer a festa do barrio, que en anos anteriores a nosa Asociación celebraba nela.

Que cousas habería que mellorar?

Nas infraestruturas en servizos urbanos pódese mellorar en varias cousas: 

Sobre a iluminación hai que ir cara a eficiencia enerxética. Hai un exceso de luz mal dirixida que xera moita contaminación luminosa. Ademais, as farolas están entre o primeiro e o segundo andar dos edificios, o que é especialmente molesto para quen vive aí.

Sobre o transporte público pensamos que se poden mellorar dúas cousas que poden ser de aplicación inmediata: unha é aumentar a frecuencia de algunha liña de bus a determinadas horas, como o bus que vai ao polígono industrial nas horas de entrada e saída laboral, e outra é recuperar o percorrido dun dos buses que sube pola avda. de Fisterra e poñerlle o percorrido que facía cando foron as obras de tirar o viaduto da Rolda de Nelle. Así, polo menos un bus pasaría pola zona leste do barrio. 

Sobre a rede de sumidoiros hai un problema importante na rúa Páramo, onde de cando en vez saen á rúa ratas que veñen dos sumidoiros. A Asociación Veciñal recolleu a demanda da veciñanza diante do Concello, mais o problema continúa.

Sobre a recollida de lixo. Recoller, recóllese, mais botamos en falla que non haxa un plan de limpeza no Concello para a cidade. Un plan que inclúa unha campaña de información e unhas accións de seguimento. E ademais, no noso barrio, que inclúa un calendario de limpeza das rúas. Vou explicar algo isto: ao dicir información referímonos a explicar onde se botan algúns resíduos que provocan dúbidas como as caixas de cartón con restos de alimentos, e outras cousas que parecen máis obvias, como dicir que non se deben deixar abertos os contedores, que hai unhas horas para botar o lixo, que existe a obriga de recoller as cagadas dos cans e que non se debe alimentar a pombas e gaivotas... teimar neste tipo de cousas e por suposto, facer un seguimento para que se cumpran. Neste sentido, temos manifestado ao Concello que nos gustaría recuperar a policía de barrio. E por último, no noso barrio as rúas lávanse cando chove ou cando moitas persoas particulares lavan a parte que está diante da súa porta ou comercio. Temos reclamado que lavasen algunha vez as nosas rúas. A resposta do Concello –e sen que servise de precedente- foi dar uns mangueirazos na Praza das Cunchiñas. Até saíu na prensa!

Nas infraestruturas en equipamentos pódense mellorar as seguintes cousas:

  • Facer xa o Parque da Agra e non construír máis vivendas no barrio.
  • Abrir ao público a parte do parque do Observatorio que xa non usan. E abrir o muro no que remata a rúa Páramo para dar acceso á xente que continúa traballando no Observatorio.
  • Investir no mantemento do magnífico edificio do Centro sociocultural Ágora. 
  • Poñer no barrio os equipamentos máis demandados: escolas infantís, centros de día. O concello tamén pode facer no noso barrio o que fai noutros: alugar baixos para eses servizos.

 

A necesidade de mantemento no Agra do Orzán