AXENDA CULTURAL

O próximo sábado volven os ContaContos a Livraria Suévia + Obradoiro de Flores

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar o ContaContos "Sopa de Contos" o vindeiro SÁBADO 7 de setembro ás 12.00h, recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos.
O próximo sábado volven os ContaContos a Livraria Suévia + Obradoiro de Flores
ContaContos 7 de Setembro
ContaContos 7 de Setembro

Contaranse tres historias baseadas nos seguintes títulos:

  • Marcelina en la cocina de Gracia Iglesias  de Jaguar. 
  • Sopa de Nada de Darabuc & Rashin Kheiriyeh da Editorial OQO
  • O noso Kamishibai contaranos a historia de Arnold Lobel "Os grilos" incluida no libro Sopa de Rato de Kalandraka.

Inaguraremos o noso Kamishibai nun ContaContos entre fogóns, garfos e potas  e faremos uns preciosos ramos de flores para agasallar á/o profe, feitos con garfos e briks. É recomendable que as nenas e nenos veñan con roupa que se poida lavar facilmente, xa que utilizaremos pintura e pinceis.

Todas as actividades son gratuítas e non é necesario anotarse previamente.

Comentarios
O próximo sábado volven os ContaContos a Livraria Suévia + Obradoiro de Flores