Comercio de barrio

“A Xanela Mesón Parrillada Pizzería: máis de trinta anos de comida caseira”

A historia da Xanela vén de lonxe. Hai momentos na vida nos que unha ou varias persoas poñen en marcha un proxecto que marca toda unha vida, e ese é o caso de Lidia e A Xanela.

“A Xanela Mesón Parrillada Pizzería: máis de trinta anos de comida caseira”
Lidia, de A Xanela
Lidia, de A Xanela

Este proxecto lanzouse nos anos noventa e hoxe en día continúa a mirar cara ao futuro das seguintes xeracións.

Lidia Costela González é propietaria de A Xanela Mesón Parrillada Pizzería na Agra do Orzán nº 5.

Hai máis de trinta anos que A Xanela abriu as súas portas ofrecendo a cociña de Lidia. Este proxecto comezou ao redor do ano 90, cando Lidia e os seus irmáns construíron este proxecto co empuxe do seu pai. Ao longo destes trinta anos, Lidia deu continuidade ao proxecto, xa que os seus irmáns decidiron deixalo nas súas mans. A Xanela é un mesón moi popular no barrio, cunha clientela que vai dende os obreiros do día a día ata xente de diferentes lugares da cidade e da comarca.

Chámanlle a atención á comida de A Xanela. Lidia di que non sabe qué ten de especial, pero encántalle escoitar aos clientes dicir: “Este guiso ou outro prato non o comemos en calquera outro lugar”. Iso dínllo moitas veces e a ela encántalle escoitar iso.

“Gusta moito a comida de pota, a cociña tradicional. O menú varía, por suposto, entre o verán e o inverno. No verán ofrécense comidas máis lixeiras e frescas, mentres que no inverno o cocido é moi apreciado para axudar a entrar en calor”.

Na cociña, Lidia e o seu equipo preparan diferentes pratos de pota, como lentellas, caldo, estofados de choupa, arroz mariñeiro, arroz con carne, entre outros. Ademais, a carta é moi completa, ofrecendo racions, pizzas caseiras, parrillada e unha variedade de mariscos como gambas de Huelva, zamburiñas, langostinos, mexillóns, berberechos.. Para rematar, os postres inclúen tarta de queixo fría, tarta da avoa, tarta de mazá, flanes, natillas, arroz con leite, entre outros.

“Ademáis temos platos, tapas, racions que son moi agradecidas, como as croquetas, chipiróns e calamares fritos, raxo… e por suposto á parrilla”.

Lidia creceu coa vocación da cociña desde moi nova, axudando á súa nai e tía na casa da aldea. A vida trouxolle a oportunidade de continuar coa súa paixón pola cociña. No mesón, esfórzanse por ofrecer variedade na alimentación dos clientes, por iso evitan repetir os menús na mesma semana, ofrecendo opcións diferentes cada semana.

No equipo da cociña, traballan Lidia e dúas persoas máis para asegurar un bo servizo aos comensais.

As noites son animadas e agradecidas, con eventos e cenas de grupos. O local de A Xanela conta con 200 metros cadrados que poden acoller tanto parellas que veñen a cear como grandes grupos para celebracións de cumpleanos ou cenas de empresa.

A parrilla é unha das especialidades que chama moito a atención dos comensais, tanto o churrasco de cerdo como de ternera son moi demandados. Os prezos do menú do día están en 11€, e se inclúe churrasco de ternera, o prezo é de 12€. “Os venres pola noite e sábado ao mediodía o churrasco facémolo con leña de carballo”. 

O futuro de A Xanela está en boas mans, cando Lidia decida retirarse, que aínda está por ver, o seu fillo Sergio está interesado en continuar co negocio. Lidia confía en que A Xanela seguirá brindando boas experiencias gastronómicas por moitos anos máis.

Está aberto de luns a sábado de 7:30h ás 23h. Os sábados pola noite abrimos se hai reservas, se non, cerramos. Permanecemos pechados todo o día de domingo.

“A Xanela Mesón Parrillada Pizzería: máis de trinta anos de comida caseira”