Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamenta que Naturgy comezase a desmontar a popular Medusa

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamenta que Naturgy comezase a desmontar a popular Medusa do peirao do Centenario sen que nin o goberno municipal, nin a Autoridade Portuaria  abrisen a debida reflexión sen debate público, nin transparencia, nin estudos serios sobre as posibilidades desta infraestrutura –alén do seu valor simbólico e para a nosa paisaxe urbana– como equipamento dotacional ao servizo da cidadanía no futuro bordo litoral.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamenta que Naturgy comezase a desmontar a popular Medusa

O Pleno da Corporación aprobou en marzo do ano pasado unha moción presentada pola Marea Atlantica , como “peza referencial” da paisaxe urbana e do patrimonio industrial da Coruña, e comprometía ao goberno municipal de Inés Rey a “viabilizar” ante a Autoridade Portuaria (APAC) “un uso dotacional público de equipamento ao servizo da cidade”.

O noso colectivo  fixo a proposta ser a instalación dun MUSEO DE ACTIVIDASES  PESQUEIRAS, INDUSTRIAIS E COMERCIAIS PORTUARIAS.

O traslado da estrutura a outra ubicación, segundo a moción apoiada polo PSOE e o BNG –o PP abstívose–, só debía producirse en caso de estar “debidamente acreditada e xustificada en relación coa súa incompatibilidade coas necesidades de tráfico portuario e coas previsións ao respecto no plan estratéxico portuario ou nos outros plans e programas de actuación da APAC”..

Dende o noso colectivo queremos saber que xestiones se fixeron para manter a Medusa

Pedimos que os informes tecnicos para saber si é posible  outra ubicación  e darle un uso publico .

A Asociación que  dea explicacións ao goberno municipal  sobre  as xestións que o pleno lle encomendou .

 A moción instaba ao goberno municipla  a “concertar coa Autoridade Portuaria as negociacións e acordos precisos” para que a Medusa se convertese, preferiblemente no propio peirao no que se levantou, nun equipamento dotacional público.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamenta que Naturgy comezase a desmontar a popular Medusa