Orzamentos municipais

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros presenta propostas para os orzamentos municipais do 2024

O Presidente da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros, Paulo Gantes ha remitido aos grupos municipais de todos os partidos, as propostas da asociación de cara aos orzamentos municipais do ano 2024.
A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros presenta propostas para os orzamentos municipais do 2024
Capela de Santa María de Oza
Capela de Santa María de Oza

Estas propostas abordan unha ampla gama de cuestións, desde a revitalización cultural e social ata a mellora da mobilidade e a infraestrutura no barrio dos Castros.

Entre as propostas destacadas figuran a creación dun Arquivo Histórico e Fotográfico do Concello de Santa María de Oza no Forum Metropolitano, co obxectivo de recuperar a historia da cidade e do barrio. Ademais, solicitan a creación dunha área canina en parques como o de San Diego e o de Oza, así como a incorporación dunha área biosaludable no Parque Europa.

A mellora das rúas e beirarrúas, a eliminación do cableado inestético en fachadas e a creación dun aparcadoiro gratuíto na rúa Posse tamén son temas importantes abordados nestas propostas. A Asociación tamén solicita a ampliación dos horarios das liñas de autobuses e un plan de transporte público que conte coa opinión dos colectivos veciñais.

A promoción do comercio local e a loita contra a contaminación plástica tamén figuran entre as preocupacións da Asociación, que busca subvencionar e modernizar os comercios na zona dos Castros. Ademais, solicitan un plan xusto de apoio para dinamizar o movemento veciñal.

A Asociación tamén expresa a necesidade dunha escola infantil e dun centro de día na zona, así como a recuperación do patrimonio histórico e a loita polo medio ambiente. A mellora da accesibilidade e a regularización de terrazas complétanse como parte destas propostas.

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros insta aos Grupos Municipais do Concello a considerar estas propostas para os Orzamentos Municipais do 2024 e a traballar en conxunto para mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas do barrio dos Castros.

Descargar Documento de propostas

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros presenta propostas para os orzamentos municipais do 2024