Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Debates O noso barrio Conta Municipais 2023

Como ven sendo tradición desta Asociación de veciñas e veciños diante de cada convocatoria electoral de interese para Oza, Gaiteira e Os Castros, convocan tres parladoiros-debate a celebrar nas instalacións do Fòrum Metropolitano. 
Debates O noso barrio Conta Municipais 2023
Conversas municipais 2023
Conversas municipais 2023

A primeira desta xeira será sobre “Accesos ao Novo CHUAC, mobilidade e patrimonio cultural do barrio” o mércores 12 de avril ás 19 horas. 

A segunda sobre “A planta de hidrocarburos no peirao de Oza e outras políticas medio ambientáis para o barrio” o mércores 26 de avril ás 19 horas. 

A terceira está pendente de día e de definir os temas a tratar. 

O formato será case o mesmo das anteriores cunha primeira intervención de 5 minutos por parte de cada participante; logo, outra intervención de 3 minutos seguida dunha rolda de preguntas entre os asistentes e, para rematar, unha intervención final resumo das propostas para o barrio. 

O compromiso cos traballadores e traballadoras do Fórum é rematar ás 21 horas que sempre fomos capaces de cumprir grazas á vosa disciplina nos tempos de intervención o que é moi de valorar. 

A orde de intervención farase por sorteo antes de comezar. 

Estan convidados os partidos con representantes no concello da Coruña

Debates O noso barrio Conta Municipais 2023