Oza

O noso patrimonio medioambiental e cultural protéxese

Ante as novas publicadas nos medios de comunicación recentemente, a Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Castros mostra unha gran preocupación.
O noso patrimonio medioambiental e cultural protéxese
Paulo Sexto
Paulo Sexto

Comenzamos falando con Paulo Sexto, presidente da Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros, sobre as últimas noticias. “Lemos recentemente, que as promotoras acudiron aos Tribunais de Xustiza co obxectivo de obter permisos para construír na zona onde antes estaban as antigas instalacións dos Estaleiros Valiño. Con todo, desde a nosa asociación, mantivemos unha firme oposición á construción de vivendas nesta área.

Paulo enfatiza: En vez diso, sempre abogamos pola transformación das antigas instalacións dos Estaleiros Valiño nun espazo de lecer e utilidade para os nosos veciños e veciñas. Propoñemos que esta ubicación se destine a un ben público, como a creación dunha Escola Municipal de Actividades Náuticas Deportivas, que podería beneficiar a diversas institucións xa existentes nas cercanías da Praia de Oza.

Nun proceso que levou varios anos, en 2020 o Goberno Municipal tomou a decisión de paralizar as licenzas urbanísticas coa finalidade de “blindar o litoral da ría”. Consideramos isto un avance, xa que implicou unha redución na edificabilidade na zona, aínda que a nosa preferencia sería unha redución aínda maior. Esta área mantén unha conexión íntima co mar, e a nosa intención é que siga sendo así, preservando o seu carácter mariñeiro e a súa historia. Nas Xubias, o Comandante Moreno e moita xente fuxía cara a Asturias, onde estaba o bando Republicano, o cal é un testemuño da súa importancia histórica, representado polo monumento do Comandante Moreno preto da Praia de Oza.

Paulo, presidente da Asociación Veciñal, destaca que o seu obxectivo principal é dotar de recursos e protexer este espazo. O Concello conta con ferramentas para protexer tanto o seu valor medioambiental como cultural. Nesta zona atópase a histórica Capela de Oza, que data de 1863 (aínda que foi reconstruída en 1940 debido a que en 1936 foi destruída por as chamas), así como murallas e especies únicas. Queremos preservar todo o que esta zona ten para ofrecer e evitar a construción nela.

Capela de Santa María de Oza
Capela de Oza

Desde a Asociación Veciñal cremos que se poden desenvolver proxectos que xeren riqueza na zona sen recorrer á especulación nin destruír a nosa herencia. Por tanto, desde o colectivo veciñal, facemos un chamamento á implementación dun plan integral que teña en conta os intereses da cidadanía e que aproveite esta oportunidade histórica para enriquecer a zona de maneira sostible, beneficiando ao barrio e en consecuencia á cidade.

Podemos imaxinar facilmente un futuro no que esta zona, que é un tesouro, rehabilite as casas mariñeiras, a preservación do Puntal, a Capela e a creación de sectores dedicados a actividades diversas e accesibles para todos. Isto non só fomentaría un estilo de vida saudable, xeraría riqueza e ademais serviría como un antídoto contra o crecente problema do consumo de drogas no barrio.

Paulo remarca que esta área ten un valor histórico e medioambiental incalculable, e a asociación está preocupada pola presenza de intereses de promotoras que buscan superar as restricións actuais. Estamos comprometidos en loitar para protexer esta zona, xa que sufrimos as consecuencias de actividades que causaron e causan contaminación e residuos e non permitiremos que isto continúe.

Dentro das nosas reivindicacións que dende hai tempo facemos, logramos avances significativos, como a reparación de tres edificios abandonados na zona, dous na Avenida Oza e un na Rúa Merced. Tamén se levou a cabo a limpeza da área “selvática” na Ronda de Outeiro, preto do Parque de Oza.

Finaliza o presidente decindo Esta é unha oportunidade única para preservar o noso valioso patrimonio e garantir un futuro sostible para todos e todas.

O noso patrimonio medioambiental e cultural protéxese