EntreNós

Imprimir

Parladoiro sobre asociacionismo de barrio na AAVV da Agra

Erik Dobaño | 09 de febrero de 2020

A Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza este martes, día 11, ás oito da tarde un parladoiro sobre o barrio como realidade social. 

O barrio como realidade social é unha actividade que subliña o interese do colectivo veciñal da Agra de recuperar o movemento popular, a organización desde abaixo, como ferramenta de traballo para que a veciñanza se converta nun actor da política municiapal que reclame atención para os seus barrios.

O sociólogo Moncho Branco é o encargado de dinamizar estas xornadas sobre movementos sociais e, desta volta, contará coa participación de Carmen Armada (de Esquerda Unida), María Luisa Pollán (de Eqqus Zebra) e Ricardo Seixo, ex presidente da asociación veciñal, para iniciar o diálogo entre as asistentes.

O local da Asociación Veciñal Agra do Orzán está no número 38 da rúa Entrepenas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/agra-orzan/parladoiro-asociacionismo-barrio-aavv-da-agra/20200209105011009046.html


© 2020 EntreNós