EntreNós

Imprimir

Presentación del libro: "Juan Carlos I, la biografía sin silencios"

Redacción | 29 de octubre de 2019

Juan Carlos I, la biografía sin silencios
Juan Carlos I, la biografía sin silencios
Rebeca Quintáns, a autora, presentará o libro "Juan Carlos I, la biografía sin silencios" na Casa-museo Casares Quiroga o mércores 30 de Outubro ás 19:30h

O vindeiro mércores 30 de outubro, farase a presentación do libro "Juan Carlos I, la biografía sin silencios", editado por Akal.

Participarán:

  • Rebeca Quintáns, a autora
  • Erik Dobaño, xornalista
  • Manuel Monge, activista memorialista

Desde hai máis de cincuenta anos todo español foi educado nunha verdade absoluta: o rei, o noso rei, é o primeiro defensor da patria. Culto e refinado, pero sinxelo e  campechano; pai e marido exemplar; defensor das máis nobres causas sociais e ecolóxicas; honesto, decente e demócrata, alleo e  incólume ao mal goberno; virtuoso entre os virtuosos  paladines da Constitución. Con todo, máis aló dunha publicitada estratexia institucional, a realidade ofrécesenos máis escura e menos virtuosa. A historia de Juan Carlos I de España está chea de silencios incómodos que poucos se atreven a desvelar.

Esta polémica e abafadora obra ofrece o máis completo e descarnado relato  biográfico do que fose rei de España ata 2014. Elixido e educado para ser rei por Franco, defensor da herdanza política do ditador,  garante do statu  quo institucional ao longo de corenta anos, esta vibrante e incómoda obra non silencia ningunha parcela da súa vida e reinado; nin os seus negocios millonarios, nin os seus pouco edificantes círculos de amizades, nin a súa atarefada vida sentimental, nin tampouco a súa participación nalgún dos fitos máis sinistros da historia recente como o intento de golpe de estado do 23 F.

Unha lectura tan  perturbadora como imprescindible.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/libros/presentacion-libro-juan-carlos-i/20191029132525008490.html


© 2019 EntreNós