Capitalismo, socialismo e outras alternativas

Nos últimos anos estase a empregar termos como “comunista”con moita facilidade, sen pararse a pensar o que significan realmente.

Comunismo, Socialismo e outras alternativas
Comunismo, Socialismo e outras alternativas

Chámanlle “comunista” a un estado coma China, o cal ten a persoas traballando sobreexplotadas. Realmente o comunismo permite que empresas privadas exploten así aos seus traballadores?

A ultradereita española acusa ao goberno de coalición “PSOE-Unidas Podemos” de “socialcomunista”. Ideoloxías socialistas permitirían que tanta xente do seu país pase fame e que tantos bancos boten a persoas das súas vivendas?

En Europa son chamados “socialdemócratas” partidos como ó PSOE en España ou o SPD en Alemania. Por qué os “partidos socialdemócratas europeos” non fan máis que tomar medidas económicas de dereitas, mentres que a “socialdemocracia” en Latinoamérica segue unha línea bastante máis esquerdista e humilde?

É o “anarquismo” realmente unha forma de vivir sen normas e leis?

En realidade nin o goberno de España é “socialista”, nin o de China é “comunista”. Trátase de dos estados capitalistas máis como os da mayoría do planeta.

Tamén afirmo que os partidos europeos que din ser “socialdemócratas”, desta ideoloxía non teñen nada, senón que son partidos “liberais moderados”. Tampouco o “anarquismo” é unha maneira de vivir sen normas e autoridade en total liberdade, senón que é unha teoría política formulada por Bakunin no século XIX a través dun estudo da historia e dun pensamento filosófico. O mesmo ocorre co “marxismo” formulado por Karl Marx e Friedrich Engels neste mesmo século, que nada ten que ver coa China actual.

Estou en contra do capitalismo, xa que é un sistema que crea desigualdade e problemas. O capitalismo ten a culpa da maioría de problemas que afectan a nosa sociedade. O capitalismo xera desigualdade, e a desigualdade xera avaricia pola parte dos que máis teñen e envidia pola parte de quen menos teñe; así levando aos poderosos a facer dano con tal de aumentar as súas ganancias, e aos que meños tenen a delinquir. Din que se un rapaz de barrio métese en líos é a súa culpa, cando iso é o fácil, o difícil é buscar solución para axudar a que estas persoas non cheguen a verse nestas situación. O sistema educativo non fai máis que axudar a que isto siga así cando un rapaz non fai as cousas ben e leva un castigo. O rapaz despois de tantas expulsións e repetir cursos remata tirado na rúa sin ningunha outra opción que roubar. O sistema penitenciario entón non fai máis que permitir que este rapaz e outros presos fáganse amigos e rematen todos sendo máis delincuentes do que eran. Tamén o capitalismo fai que unha persoa pense que ten que traballar e estudar para conseguir unha vivenda e comida, e que se non o consigue é a súa culpa por non esforzarse. Esta é unha mentalidade falsa, xa que a comida e a vivenda deben ser dreitos básicos. A teoría do esforzo non é máis que unha excusa barata para que os bancos e as grandes empresas segan a enriquecerse a nosa costa.

Sen embargo, co triunfo da Revolución de Octubre na Rusia de 1917, a poboación rusa deixou de morrer de fame grazas a Lenin. Coa proclamación da URSS todo o mundo tiña comida e casa, a xente vivía en paz sen conflitos e as persoas axudábanse entre elas grazas aos valores transmitidos polo goberno. A pesar dos erros da URSS, as persoas eran máis felices que na Rusia actual e ninguén pasou fame. O que ocorre é que en Occidente métennos na cabeza que na URSS vivíase mal co obxectivo de manipularnos para que así pensemos que o comunismo é malo e aceptemos este sistema capitalista que non fai máis que corromper ao ser humano e anular a felicidade das persoas. En China houbo comunismo de verdade na era de Mao Zedong, que a pesar dos seus xenocidios mellorou a vida dos cidadáns chineses; pero en Occidente prefiren a China actual que di ser comunista pero non o é. Tamén Cuba alcanzou grandes avances grazas a Fidel Castro, que non só puso fin a dictadura de Batista, senón que conseguiu vivendas e comida para toda a poboación, posicionou a Cuba como o país que mellor sanidade ten de toda Latinoamérica e loitou contra o imperialismo de EEUU. O que pasa é que por culpa dos pocos recursos que ten Cuba e os bloqueos económicos de EEUU, a poboación cubana pasa por situacións moi duras, o cal aproveitan en EEUU e en Europa para facer propaganda en contra do comunismo.

Ademais do comunismo, outras ideoloxías como o socialismo bolivariano en Latinoamérica ou o socialismo árabe en África conseguiron grandes avanzes. En Venezuela, por exemplo, coa chegada de Chávez ao poder gran parte da poboación aprendeu a ler e escribir ademais de ter por primeira vez acceso á sanidade pública, entre outros avances que chegaron grazas ao socialismo bolivariano non só a Venezuela, senón a tamén a Bolivia e outros países. Tamén grandes avances chegaron a países como Libia grazas a líderes do socialismo árabe como Gadafi, entre eles o acceso á electricidade por parte de toda a poboación.

Penso que o problema da España actual ademais do capitalismo é que temos rasgos da sociedade estamental recuperados polo franquismo como o poder da Igrexa Católica ou a monarquía.

Deberíamos de probar alternativas como o comunismo, o socialismo ou o anarquismo para probar cal é a mellor alternativa ao capitalismo, e se ningunha funciona buscar outras alternativas, pero nunca acepatar nin o capitalismo, nin unha monarquía nin o fascismo, que son os tres únicos sistemas que é obvio que xeran problemas sí ou sí.