Buscar
14:14h. Lunes, 19 de Noviembre de 2018
do
O Pleno aproba o estudo  para a ampliación do comedor do CEIP Ramón de la Sagra e a moción pola Renda Básica
Pleno Municipal A Coruña

O Pleno aproba o estudo para a ampliación do comedor do CEIP Ramón de la Sagra e a moción pola Renda Básica

A Cámara tamén deu luz verde a unha moción do grupo de goberno e o BNG, a iniciativa do Colectivo Renda Básica da Coruña, que reclama a posta en marcha dunha renda básica incondicional, universal, individual e suficiente

O alcalde volveu a lamentar o erro da concesionaria da limpeza que retirou antes de tempo a alfombra floral confeccionada pola asociación Faro de Monte Alto, á vez que solicitou “responsabilidade” aos grupos da oposición “para non favorecer a crispación”, dados os incidentes que se produciron na sesión plenaria

O BNG advírtelle á Marea Atlántica que a baixada de prezos do bus non é a solución aos problemas transporte público
Transporte público colectivo

O BNG advírtelle á Marea Atlántica que a baixada de prezos do bus non é a solución aos problemas transporte público

Desde o Bloque entenden que non se trata só de baixar o prezo e de aumentar tres liñas: hai que reordenar as liñas para conectar os barrios, a universidade e outros centros de estudos, os polígonos industriais, os grandes centros de traballo e os diferentes centros sanitarios; cómpre tamén que o bus teña espazos prioritarios para circular, nun carril bus; e é preciso que tanto as frecuencias como os horarios se adapten á realidade das maiorías sociais da cidade comezando antes o servizo e rematando máis tarde do que o fai actualmente