Sande propón un Centro de Protección Animal público e con participación veciñal

José Manuel Sande, candidato de Podemos e Esquerda Unida, acaba de plantexar a necesidade de crear un Centro de Protección Animal público que substitúa ás actuais instalacións da canceira de Bens, logo de coñecer que o Concello da Coruña vai sacar a contratación a súa xestión por case medio millón de euros ao ano.
Sande propón un Centro de Protección Animal público e con participación veciñal
José Manuel Sande
José Manuel Sande

Segundo Sande, un modelo de xestión pública é o que veñen reclamando dende hai anos colectivos animalistas e veciñanza, e pon como exemplo o traballo que se fai en municipios como Logroño, cun centro de atención integral que inclúe accións educativas para as persoas que adoptan cans ou gatos, co obxectivo de mellorar a convivencia e o garantir o seu benestar.

Existen outros exemplos de intervención pública no eido galego. O refuxio de Bando, que da servizo a varias localidades da comarca de Santiago, ten a forma xurídica de Fundación, e a Deputación de Pontevedra creou unha instalación en Meis a través da cal proporciona a recolla de animais abandonados e maltratados a varios Concellos da provincia.

Neste senso, Sande subliñou que as actuais instalacións non semellan dar resposta á realidade da cidade e ao problema do abandono animal, pois é necesario recorrer a terceiras empresas para suplir a falta de espazo dun recinto con capacidade limitada para medrar pola súa propia ubicación.

O candidato aposta por un recinto xestionado directamente polo Concello, coa participación de colectivos animalistas e veciñanza. Este proceso debería comezar pola procura dun espazo físico axeitado e adaptar a construcción ás necesidades da Coruña cumprindo coas normas de protección dos animais que están en debate nestas semanas no eido estatal.

Esta proposta de Sande conta co apoio de numerosos colectivos animalistas e veciñanza, que levan anos reivindicando mudanzas nesta instalación de titularidade pública. Seguiremos atentos á evolución desta iniciativa.

Sande propón un Centro de Protección Animal público e con participación veciñal