Ampliación do CHUAC

A ampliación do vello CHUAC

Nestas semanas producironse dous feitos de importancia no Proxecto de ampliación do vello CHUAC:

    • O primeiro, é que a Xunta de Galicia iniciou o procedemento para contratar á equipa técnica que deseñe os novos edificios, redacte os Proxectos e dirixa as obras.

    • O segundo, que Concello e Xunta chegaron a un acordo no texto do Convenio que posibilitará esa ampliación do vello CHUAC.

A ampliación do vello CHUAC
Afectados CHUAC 2
Afectados CHUAC 2

ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS | Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC | A Coruña, 1 de febreiro de 2021

Pero a cidadanía coruñesa, persoal sanitario e as persoas usuarias do hospital non poden alegrarse destas decisións, e a razón é moi sinxela: querennos vender a ampliación dun vello hospital coma se fose a construcción dun novo.

E como para a Xunta a área da Coruña non merece un hospital novo, como sí o tiveron Santiago, Vigo, Lugo, etc., acuden ó truco do trampantoxo, co que se crea a trampa de enganar a alguén, facéndolle ver o que non é.

Ímolo explicar: ós edificios existentes, que nalgúns aspectos serán reformados, engádense a continuación outros novos, o que implicará a expropiación de 8 vivendas. Os novos viáis que terán que construir implicará a demolición dunhas 22 máis, 12 delas dun edificio.

Se isto se quedase así, todos veríamos a realidade das cousas, isto é, que ó vello hospital engadíronselle varios edificios. E como iso non é o que nos queren vender, decidiron crear a trampa para convencernos de que o proxectado, é un novo hospital e non a ampliación do vello.

Ampliación que non o é tanto, segundo a Xunta un 15% de camas, xa que ó tempo van pechar o Hospital Materno, o Centro Oncolóxico e o Centro de Especialidades do Ventorrillo.

E cómo se consigue esa ilusión? Pois creando unha inmensa praza fronte ó hospital, iso si, a costa de arrasar docenas de vivendas de veciñas e veciños de Eirís.

A conclusión é moi sinxela: Queremos un hospital novo e para telo, entendemos que se expropie o necesario; pero non aceptamos que se nos trate peor que a outras cudades, nin que se nos venda como algo novo, a ampliación do vello CHUAC.

Por último, a Xunta de Galicia está orientando fraudulentamente o deseño da ampliación do hospital, ó colocar un enorme panel na entrada do CHUAC coa imaxe do Proxecto que desexa. Más aló das consecuencias que isto teña no procedemento de contratación da equipa técnica que está en marcha (porque nesa licitación os técnicos poden propoñer a solución que consideren máis adecuada) amosa a falta de sensibilidade do goberno autonómico coa veciñanza do barrio, dado que a citada imaxe mostra claramente as viviendas que serán demolidas cando, en teoría, esa decisión todavía non foi adoptada.

É por isto que a veciñanza afectada ten requerido formalmente á Xunta de Galicia que retire de xeito inmediato a citada imaxe da fachada do hospital e presentaron unha queixa á Valedora do Pobo.

A ampliación do vello CHUAC